Gabriel Alén
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1977 Cenlle |
| 2011 – marzo de 2020 (dimisión) ← Manuel García Montero – José Manuel Rodríguez Lamas → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Cenlle |
| Ocupación | político, mestre |
| Partido político | Partido Popular |
| Membro de | |
Gabriel Alén Castro, nado en Ourense en 1977,[1] é un mestre e político galego do PPdeG
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre especialista en Educación Física pola Universidade de Vigo en 2000. Foi concelleiro de Cultura en Cenlle. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cenlle e foi elixido alcalde con maioría absoluta[Cómpre referencia].
Compaxinou a súa actividade de mestre coa alcaldía ata que en marzo de 2020 presentou a súa renuncia á alcadía para ir nas listas do PP ás eleccións galegas de abril dese ano.[1][2]
Logo de ocupar o seu posto como deputado do Parlamento de Galicia por uns meses, en setembro de 2020 foi elixido como Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.[3]
Notas
[editar a fonte]- 1 2 "Gabriel Alén Castro - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Gabriel Alén: “Non foi algo premeditado"". La Región (en castelán). 2 de marzo de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Gabriel Alén, nuevo delegado de la Xunta de Galicia en Ourense". La Región. 17 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Composición do Parlamento de Galicia Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
| Predecesor: Manuel García Montero |
Alcalde de Cenlle 2011 - 2020 |
Sucesor: José Manuel Rodríguez Lamas |