Saltar ao contido

María Isabel Perelló Doménech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Isabel Perelló Doménech
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Sabadell, España Editar o valor en Wikidata
Presidenta do Tribunal Supremo de España
4 de setembro de 2024 –
← Francisco Marín Castán
Presidenta do Consello Xeral do Poder Xudicial
4 de setembro de 2024 –
← Vicente Guilarte Gutiérrez
Maxistrada do Tribunal Supremo de España
17 de abril de 2009 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDisputa administrativa, Dereito constitucional e Dereito administrativo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogada, maxistrada, xuíza, Maxistrada do Tribunal Supremo de España Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España
Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía
Audiencia Nacional de España
Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña
Audiencia Provincial de Barcelona
Tribunal Constitucional de España Editar o valor en Wikidata
Membro de

Dialnet: 169854

María Isabel Perelló Doménech, nada en Sabadell (Barcelona) o 18 de marzo de 1958, é unha xuíza española, pertencente ao Tribunal Supremo desde 2009. En setembro de 2024 converteuse na primeira muller en presidir o Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Supremo de España.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isabel Perelló criouse na Coruña, facendo os estudos medios na Compañía de María para logo estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. [3][4] Ingresou na Carreira Xudicial en 1985, o seu primeiro destino foi Carballo[3] e ocupou cargos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Maó (Menorca), na Audiencia Provincial de Barcelona e no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. Maxistrada especializada en materia contencioso-administrativa, exerceu na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía con sede en Sevilla (1991) e na da Audiencia Nacional (1994). En 1993 comezou a traballar no Tribunal Constitucional como avogada, cargo que ocupou ata 2003.[5]

En 2009 ascendeu ao rango de xuíza do Tribunal Supremo, sendo destinada á Sala do Contencioso-Administrativo.[6] Neste posto, especializouse en control económico, supervisando a actividade de organismos reguladores como a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ou o Banco de España.[7] Forma parte da asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia.[8]