Saltar ao contido

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CNMC
Antigo Banco Urquijo, sede da CNMC.
Información xeral
Formación 7 de outubro de 2013 (11 anos)
Xurisdición España España
Sede central Alcalá, 47 Madrid
Director José María Marín Quemada
Sitio web
cnmc.es

Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) é o organismo do goberno de España encargado de preservar, garantir e promover o correcto funcionamento, a transparencia e a existencia dunha competencia efectiva en tódolos mercados e sectores produtivos en beneficio dos consumidores, usuarios e empresas.

Normativa

[editar | editar a fonte]

A CNMC se regula pola Lei 3/2013, de 4 de xuño, de creación da CNMC e polo Real Decreto 657/2013, de 30 de agosto, polo que se aproba o Estatuto Orgánico da CNMC.

A Comisión aplica as seguintes leis:

  • Lei 34/1998, de 7 de outubro, do sector de hidrocarburos
  • Lei 60/2003, de 23 de decembro, de Arbitraxe
  • Lei 21/2003, de 7 de xullo, de Seguridade Aérea
  • Lei 15/2007, de 3 de xullo, de Defensa da Competencia
  • Lei 7/2010, de 31 de marzo, Xeral da Comunicación Audiovisual
  • Lei 43/2010, de 30 de decembro, do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal
  • Lei 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico
  • Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións
  • Lei 38/2015, de 29 de setembro, do Sector Ferroviario

Sancións

[editar | editar a fonte]

En 2017 impuxo 44,7 millóns de euros de sanción a cinco cárteles que se repartían o mercado do sector de cables eléctricos de baixa tensión para a construción de hospitais, uso doméstico, edificación de vivendas, obras de empresas enerxéticas, telefonía, ferroviarias, navais e grandes proxectos internacionais.[1] En total 11 empresas (Amara, Cabelte, Comaple, General Cable, Miguélez, Nexans Iberia, Nicsa, Peisa, Draka Prysmian, Solidal e Top Cable) con sede en España (Madrid, Barcelona, Valencia) e Portugal, e FACEL (Asociación Española de Fabricantes de Cables y Conductores Eléctricos y de Fibra Optica).[2]

  • Cártel formado por General Cable Holdigns Spain, Caberte, Míguelez, Nexan, Prysmian o Top Cable de 2002 a 2015. Multa de 31,6 millóns de euros e 80.000 euros á asociación FACEL.
  • Primeiro cártel chamado PEISA formado por General Cable Holdings Spain, Productos Eléctricos Industriales (PEISA) e Top Cable. Operou de 2006 a 2013, foi multado con 3,57 millóns de euros.
  • Segundo cártel chamado Nixa formado por Grupo General Cable Sistemas, e solidariamente a súa matriz General Cable Holdings Spain, Negocios Industriales e Comerciales e solidariamente a súa matriz Abengoa; Prysmian Cables Spain e solidariamente a súa matriz Draka Holding e Top Cable. Operou de 2006 a 2013, foi multado con 6,52 millóns de euros.
  • Terceiro cártel, chamado Amara formado por Amara e solidariamente a súa matriz Iberdrola, Grupo General Cable Sistemas e solidariamente a súa matriz General Cable Holdings Spain, Prysmian Cables Spain e solidariamente a súa matriz Draka Holding. Operou de 2011 a 2015 e foi multado con 3,48 millóns de euros.
  • Cuarto cártel entre dúas empresas distribuidoras (Abengoa e Iberdrola, Negocios Industriales y Comerciales, e Amara), desde 2011 a 2015 sancionadas con 112.626 euros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]