Lola González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María Gándara")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Lola González
Nacemento 1942
Lugar Celanova
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

María Dolores González Lorenzo, coñecida tamén como María Gándara e Lola Gándara, nada en Celanova en 1942, é unha profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Remixio González Gándara. Estudou Dereito. Ao rematar a carreira dedicouse á ensinanza e estudou Filoloxía Hispánica. Licenciada en Filoloxía, é profesora nun instituto de ensino secundario de Vigo. Obtivo o Premio García Barros en 1997 coa novela Magog. É coñecida entre os lectores de literatura infantil e xuvenil como Lola González. Dirixiu unha compañía de teatro infantil e participou en proxectos dramáticos cos que gañou o Premio Camiño de Santiago 1993 con Nocturno de dragón (en colaboración con Bruno Bernardo), e o Premio de Teatro Profesional Camiño de Santiago de 1994 con Ultreias. Tamén foi guionista de programas televisivos.

Obras[editar | editar a fonte]

Literatura infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Os Mornias, 1993. Premio Merlín 1992
  • Conxurados, 1993. Accésit no Premio Barco de Vapor 1993
  • Brumas de octubre, 1994. Premio Gran Angular 1994
  • Alexandra, 1999
  • A escura luz do Tíber, 2000
  • 99 trucos de supervivencia en el cole, 2014

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Magog, 1997

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]