Manuela Carmena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuela Carmena
Manuela Carmena Ahora Madrid 2015 - 20.jpg
Manuela Carmena
Datos persoais
Nacemento 9 de febreiro de 1944 (73 anos)
Lugar España Madrid
Organización Ahora Madrid
Alma mater Universidad Complutense de Madrid
Profesión Xuíz

Manuela Carmena Castrillo, nada en Madrid o 9 de febreiro de 1944[1], é unha xurista española, xuíza emérita do Tribunal Supremo e alcaldesa de Madrid dende o 13 de xuño de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como avogada, e canda outros militantes comunistas, participou na fundación do despacho laboralista do número 55 da rúa Atocha, en Madrid, escenario da coñecida matanza de Atocha[2].

Foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Esquerda Unida e unha das fundadoras da asociación progresista Jueces para la Democracia. En setembro de 2011 foi designada asesora do Goberno vasco presidido polo socialista Patxi López sobre atención ás vítimas de abusos policiais. Retirada da xudicatura dende 2010, Carmena en 2015 era membro do padroado da Fundación Alternativas, un think tank próximo ao PSOE.

Alcaldesa de Madrid[editar | editar a fonte]

En 2015 presentouse como candidata ás primarias da candidatura Ahora Madrid[3] para as eleccións municipais de Madrid dese mesmo ano e foi elixida cabeza de lista cun 63 % dos votos.[4]

Nas eleccións do 24 de maio a lista que encabezaba obtivo ao redor dun 31,85% dos votos e 20 concelleiros, quedando en segundo lugar por detrás da lista do Partido Popular encabezada por Esperanza Aguirre, que obtivo un concelleiro máis. A repartición de concelleiros resultante das eleccións[5] permitiu a Carmena converterse na alcaldesa o 13 de xuño de 2015 tras ser apoiada polo PSOE de Antonio Miguel Carmona.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ana Botella
 Nuevo Escudo de Madrid.svg
Alcaldesa de Madrid
 
2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo