Ahora Madrid
| Ahora Madrid | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Ahora Madrid é un partido político español, autodefinido como «candidatura cidadá de unidade popular» e constituído en «partido instrumental sen vida orgánica», co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 no Concello de Madrid.
No proxecto conflúen Podemos e Ganemos Madrid,[1] plataforma electoral cidadá inspirada por Guanyem Barcelona e na que participan cidadáns a nivel particular e membros de Equo e de Por Un Mundo Más Justo. Tamén integráronse na candidatura antigos membros de Izquierda Unida Comunidad de Madrid e mesmo recibiu o apoio de cargos públicos desta e do Partido Comunista de Madrid. Así mesmo conta co apoio de Convocatoria por Madrid.
Obtivo 20 dos 57 concelleiros nas eleccións, encabezados por Manuela Carmena, actual alcaldesa da cidade. Foi investida o 13 de xuño de 2015 co apoio do PSOE.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A candidatura de Podemos e Ganemos ao concello xa ten nome: Ahora Madrid, El Diario, 6 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ahora Madrid |