Manuel Piñeiro Zúñiga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1901 Noia, España |
| Morte | 4 de outubro de 1936 Mondariz, España |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Valle de Cuelgamuros (1959–) Mondariz (1936–1959) |
| Concelleiro | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | comerciante, político |
Manuel Piñeiro Zúñiga, nado en Noia cara a 1901 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante de Amorín e membro da sociedade agraria, foi nomeado vicesecretario da Sociedad Judicial Agraria presidida por Antón Alonso Ríos en febreiro de 1932.[1] Na República foi concelleiro de Tomiño.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Fernando Rubio Estévez, Manuel Pérez Besada, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 e foi sancionado con 50.000 pesetas.[3] Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Amorín con Pilar Zúñiga Álvarez en 1928.[5]