Francisco Rodríguez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Rodríguez Otero
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Goián, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Mondariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Rodríguez Otero, coñecido como Paquiño de Figueiró, nado en Tomiño o 1 de novembro de 1897 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisco Rodríguez Otero, sentado no centro, ás portas de "Aurora del Porvenir".[1]

Farmacéutico de profesión, foi un político agrarista que presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Tomiño e presidente da Unión Patriótica.[2] En 1926 renunciou como concelleiro de Tomiño e foi nomeado presidente da Entidade Local Menor de Goián.[3] Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Goián.[4] Foi coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929).[5] Directivo da Sociedad Aurora del Porvenir en Tomiño.[a] Ocupou o cargo de Secretario do Xulgado de Paz de Tomiño. Foi concelleiro en Tomiño en 1931. En decembro de 1933 abandonou a súa militancia no agrarismo.[6] Foi membro do Partido Galeguista.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acompañou a Antón Alonso Ríos a Tui e A Guarda en calidade de enlaces entre os diferentes Comités de Defensa da República do baixo Miño. Cando entraron as tropas en Tui fuxiu a Portugal o día 25 de xullo camiño do Brasil onde vivían as súas irmás. Cando entrou nun bar a tomar café un veciño falanxista recoñeceuno e denunciouno á policía lusa que o entregou a policía española polo posto internacional de Tui. Detido o 29 de xullo, o 6 de agosto foi internado no Seminario de Tui, que funcionaba como prisión. Tiña causa aberta en Vigo por traizón. O 4 de outubro de 1936 foi sacado da prisión e levado polos falanxistas ata Mondariz onde foi paseado con Hipólito Gallego Camarero, Fernando Rubio Estévez, Manuel Piñeiro Zúñiga, Domingo Páramos Núñez e Manuel Pérez Besada, aparecendo o seu corpo tirado na cuneta.

Foi un dos fundadores e xogador (capitán) de Goián Fútbol Club.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isaura Gómez Pérez en 1927 e foi pai de María Ivonne e Mario Rodríguez Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escola Aurora del Porvenir en patrimoniogalego.net.
Referencias
  1. Jorge Pereira 2004, p. 115.
  2. El Pueblo Gallego, 19-10-1924, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 24-8-1926, p. 11.
  4. El Pueblo Gallego, 9-8-1928, p. 7.
  5. El Tea, 23-10-1929, p. 2.
  6. Tribuna, 17-12-1933, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouza Rey, Carmen (2011). Izaura Gomes. De Lisboa a Galicia. Concello de Tomiño. 
  • Rodríguez Gallardo, Ángel (2008). "A represión franquista no concello de Tui". O Miño, unha corrente de memoria. Actas das Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006, 2007). Ponteareas: Alén Miño. p. 91. ISBN 978-84-930739-8-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]