Manuel Pérez Besada
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1913 Tui |
| Morte | 4 de outubro de 1936 Mondariz |
| Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Valle de Cuelgamuros (1959–) Mondariz (1936–1959) |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Manuel Pérez Besada, nado en Tui cara a 1913 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Guillarei. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Fernando Rubio Estévez, Domingo Páramos Núñez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados ao Valle de los Caídos o 26 de marzo de 1959.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Aurora Pérez.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3.
- ↑ Amaneceres