Manuel Otero Bárcena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Otero Bárcena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Valga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJoaquín Otero Bárcena Editar o valor em Wikidata

Manuel Otero Bárcena, nado en Santiago de Compostela en 1877 e finado en Valga o 28 de agosto de 1945, foi un empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pé, de esquerda a dereita: Apolinar Torres, Avelino Rodríguez Elías, Laureano Domínguez Cao-Cordido e Manuel Lustres Rivas, sentados Jaime Solá, Manuel Otero Bárcena e Blas Agra Mancebo, na entrega do premio de xornalismo Manuel Otero Bárcena, 1932.

Fillo de Joaquín Otero Mariño e de Concepción Bárcena Franco[1] e irmán de Joaquín Otero Bárcena. Foi o primeiro empresario que fretou vagóns frigoríficos para transportar o peixe galego a Madrid e Barcelona. Foi presidente da Cámara de Comercio e da Liga de Amigos e deputado provincial. Foi director-propietario de Faro de Vigo de 1929 a 1944, transformou a empresa en sociedade anónima e adquiriu a propiedade do Faro de Vigo á familia Lema en 1935, para devolverlla en 1944, un ano antes da súa morte. Finou na Bouza (Valga) o 28 de agosto de 1945.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Dolores Rubido Martínez e foi pai de María Concepción, Manuel, María Isabel e Maria Antonia Otero Rubido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Irmá de Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira.
  2. El Pueblo Gallego, 29-8-1945, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]