Manuel Martínez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Martínez Pérez
 A Coruña
Falecemento11 de novembro de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Martínez Pérez, nado na Coruña e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1936,[1] foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De mozo emigrou a Cuba. Ao retornar converteuse en propagandista societario e participou no devalar do obreirismo coruñés. Foi dirixente da Sociedad de Oficios Varios La Heterogénea e participou na creación da Unión Campesina en setembro de 1907. Personificou a escisión da Unión Campesina en 1908 na Asemblea Agraria de Monforte. Cara 1909 foi presidente do Centro de Estudios Sociales Germinal. En 1920 emigrou novamente a Cuba onde fundou a Asociación Galaica de Instrucción Racionalista 13 de Octubre. Volveu a Coruña a finais dos anos vinte e retomou a actividade agraria creando a Unión Mutualista Campesina. Tamén foi pioneiro do asociacionismo veciñal alentando o colectivo Unión de Barrios en 1936. Colaborou en La Voz de Galicia e La Calle.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Martínez Cazón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]