La Calle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Calle
editar datos en Wikidata ]

La Calle foi un periódico editado na Coruña entre marzo e abril de 1936.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario popular, saíu á rúa o 2 de marzo de 1936. Cada exemplar constaba de catro páxinas e vendíase por 15 céntimos. Publicación de esquerdas, próxima ao Partido Sindicalista, ía dirixido a todas a correntes da esquerda local. Dirixido practicamente por Manuel Fernández, entre os seus colaboradores estaban persoeiros da CNT críticos coa radicalidade do seu discurso como José Villaverde Velo (que asinaba como Juan José), Víctor Crémer Alonso, Carlos Pereira (Karper) e Gonzalo Pantín. Pero tamén republicanos e galeguistas como o Doutor Hervada, o profesor Plácido R. Castro e o antigo anarquista e alicerce do movemento veciñal coruñés, Manuel Martínez Pérez. Organizou un acto de homenaxe ás mulleres o 3 de marzo no Teatro Rosalía Castro no que interviron Manuel Fernández, José Búa Carou e José Villaverde. Rematou a súa andaina o 13 de abril de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]