Manuel García Hermo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 A Pobra do Caramiñal, España |
Morte | 30 de agosto de 1936 (36/37 anos) Comparada, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | xastre, político |
Manuel García Hermo, nado na Pobra do Caramiñal cara 1899 e finado en Vilacova (Lousame) o 30 de agosto de 1936, foi un xastre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalouse como xastre en Ribeira en 1924. Home de esquerdas, afiliado á UGT, escribía na prensa local. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 30 de agosto, un garda civil do posto de Ribeira enredouno pola tarde no Café Núñez, mentres un pistoleiro da Falange de Vilagarcía de Arousa e dous homes da Pobra do Caramiñal o esperaban preto do cine Colón. Metérono pola forza nun coche e trasladárono ao lugar de Comparada na parroquia de Vilacova onde o asasinaron. O cadáver apareceu nunha cuneta con varios impactos de bala no corpo e nas pernas e cos calcetíns ensanguentados nunha man. Os veciños soterrárono, xunto a outros seis represaliados, nunha fosa común no cemiterio de Vilacoba.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Neira Amado e tivo nove fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Neira, Perfecto: "Honrarás a tu padre y a tu madre" 'La Voz de Galicia 20/12/2001 (en castelán).