Manuel García Hermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel García Hermo
Nacemento1899
Lugar de nacementoA Pobra do Caramiñal
Falecemento30 de agosto de 1936
Lugar de falecementoComparada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxastre e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Hermo, nado na Pobra do Caramiñal cara 1899 e finado en Vilacova (Lousame) o 30 de agosto de 1936, foi un xastre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instalouse como xastre en Ribeira en 1924. Home de esquerdas, afiliado á UGT, escribía na prensa local. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 30 de agosto, un garda civil do posto de Ribeira enredouno pola tarde no Café Núñez, mentres un pistoleiro da Falange de Vilagarcía de Arousa e dous homes da Pobra do Caramiñal o esperaban preto do cine Colón. Metérono pola forza nun coche e trasladárono ao lugar de Comparada na parroquia de Vilacova onde o asasinaron. O cadáver apareceu nunha cuneta con varios impactos de bala no corpo e nas pernas e cos calcetíns ensanguentados nunha man. Os veciños soterrárono, xunto a outros seis represaliados, nunha fosa común no cemiterio de Vilacoba.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Neira Amado e tivo nove fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]