Manuel García Viñó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Viñó
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , crítico de arte , poeta , ensaísta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel García Viñó, nado en Sevilla o 27 de outubro de 1928 e finado en Madrid o 25 de novembro de 2013, foi un escritor en lingua castelá.

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla. En 1951 fundou a revista de poesía Guadalquivir xunto con Amalio García Arias, Fausto Botello e José María Requena. De 1960 a 1963 foi redactor xefe de La Estafeta Literaria, revista na que comezou a súa andaina profesional como crítico de arte. Tamén colaborou en El Alcázar. En 1962 foi designado secretario adxunto do Ateneo de Madrid. Foi un dos membros fundadores da Asociación Española de Críticos de Arte, da Asociation Internationale des Critiques Littéraires e da Asociación Española de Críticos Literarios. En 1965 recibiu a pensión de Literatura da fundación Juan March. Escribiu en La Razón. As súas novelas son existencialistas.

Actividade crítica[editar | editar a fonte]

García Viñó foi obxecto de incontables polémicas polas súas lecturas críticas de autores como Javier Marías, Arturo Pérez-Reverte ou Almudena Grandes. García Viñó é un dos titulares da revista La Fiera Literaria.

Froito destas polémicas, foi un conflito co escritor Vicente Molina Foix no ano 2002, na gravación dun capítulo do programa literario Negro sobre blanco, presentado por Fernando Sánchez Dragó[1].

As súas dúas obras clave a este respecto son La gran estafa. Alfagura, Planeta y la novela basura, e El País. La cultura como negocio. Desde unha perspectiva ensaística, buscan pór en evidencia os alicerces da industria cultural.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Mundo y trasmundo de las leyendas de Bécquer (1970)
  • El realismo y la novela actual (1973)
  • Papeles sobre la "nueva novela" española (1975)
  • Arte de hoy. Arte de futuro (1976)
  • El mito de Fedra en la literatura (1980)
  • Pintura española neofigurativa
  • Novela española actual (1986)
  • El profeta de la Era Acuario (1987)
  • Andalucía en verso (1987)
  • La novela española desde 1939: historia de una impostura
  • La novela española del siglo XX
  • Teoría de la novela
  • La gran estafa. Alfagura, Planeta y la novela basura
  • El País. La cultura como negocio (2006), con prólogo de Antonio García-Trevijano

Novelas[editar | editar a fonte]

  • La guerra de los soldaditos,
  • La caída de Hipólito,
  • Nos matarán jugando (1962)
  • El infierno de los aburridos (1963)
  • La pérdida del centro (1964)
  • El pacto del Sinaí (1968)
  • La granja del solitario (1969)
  • El escorpión (1969)
  • Fedra (1975)
  • Sombras de burocracia (1981)
  • Polución (1982)
  • El puente de los siglos (1986)
  • Congreso de burladas (1986)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Jardín de estrellas
  • Sonetos a una muchacha
  • El naufragio del beso
  • Antología Breve
  • Encontrando un paraíso
  • Ruiseñores de fondo (1958)
  • Un mundo sumergido (1967)
  • Paisajes de dentro y fuera (1975)
  • Los signos del zodíaco (1983)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio á investigación da Fundación Universitaria Española (1980), por El mito de Fedra en la literatura
  • Premio Doncel, por La guerra de los soldaditos
  • Finalista do Premio Nadal
  • Finalista do Premio Ciudad de Barcelona

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "García Viñó y Molina Foix la emprenden a bofetadas en «Negro sobre blanco» de La 2", artigo de F. Álvarez en ABC, 10 de xaneiro de 2002 (en castelán) (consultado o 1 de abril de 2010).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]