Manuel Elkin Patarroyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Elkin Patarroyo Murillo")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Elkin Patarroyo
Manuel Patarroyo (cropped).jpg
Datos persoais
Nacemento 3 de novembro de 1946 (71 anos)
Lugar Tolima, Flag of Colombia.svg Colombia
Nacionalidade Colombiano
Español
Actividade
Campo Inmunoloxía
Alma máter Universidade Yale
Universidade Nacional de Colombia
Rockefeller University
Contribucións e premios
Coñecido por Vacina da malaria
Premios Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica Princess of Asturias Foundation Emblem.svg (1994)
editar datos en Wikidata ]

Manuel Elkin Patarroyo, nado en Tolima, Colombia o 3 de novembro de 1946, é un patólogo colombiano, nacionalizado español, coñecido mundialmente polo desenvolvemento dunha vacina sintética contra a malaria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado o 3 de novembro de 1946 na cidade colombiana de Tolima estudou medicina na Universidade Nacional de Colombia, ampliando estudos na Universidade Yale e no Instituto Rockefeller de Nova York.

Desenvolveu unha vacina sintética contra a malaria, unha doenza transmitida polo mosquito Anopheles gambiae que afecta a millóns de persoas do terceiro mundo, e que chamou SPf66. En 1999 a OMS, á cal Patarroyo cedeu os dereitos da patente, probou a vacina en Gambia, Tanzania e Tailandia, con resultados parcialmente efectivos.

En 1994, foi galardoado co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica pola importancia da súa achega científica na programación, desenvolvemento e experimentación dunha vacina sintética contra a malaria.

Malia que en 1996 conseguiu a nacionalidade española, no presente segue a traballar no Instituto de Inmunoloxía de Colombia, que se atopa na cidade de Bogotá. Os seus estudos céntranse na mellora da vacina contra a malaria ademais da vacina contra a tuberculose, a lepra e o cancro de útero.