Manuel Díaz López "Chaquetón"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Díaz López "Chaquetón"
Biografía
NacementoLaiosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChaquetón Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , comerciante , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Díaz López, coñecido como Chaquetón, nado en Laiosa (O Incio) e finado en Lugo o 30 de agosto de 1938, foi un mestre, comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre e comerciante. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi concelleiro en Sarria e xefe local da Falanxe despois da caída en desgraza do grupo liderado por Mario González Zaera en decembro de 1936. Foi o responsable da Escuadra Negra de Eirexalba e xunto con Manuel Castro Castro "Eirexalba" participou nos asasinatos de Manuel Díaz González, Jesús Casas González e Rosendo Vila Fernández. Foi acusado con Manuel Castro Castro "Eirexalba" do asasinato de Manuel Saco Rivera, abatido a tiros ao saír do Casino de Sarria a finais de agosto de 1938 en atentado político de escuras motivacións, e ambos foron detidos xunto co indutor, o que fora xefe local de Falange de Sarria, Eduardo Gómez Requejo. Ingresaron no cárcere de Lugo xunto co xefe provincial de Falange Ramón Martínez Losada. Foron procesados e xulgados en consello de guerra, sendo executados Manuel Saco e Manuel Castro no patio do cárcere de Lugo o 30 de agosto de 1938.[1] Ao indutor do crime, Eduardo Gómez Requejo, Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2. 
  2. El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]