Saltar ao contido

Ramón Martínez Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Martínez Losada
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata

Ramón Martínez Losada, nado en Monforte de Lemos cara a 1888, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi nomeado farmacéutico da Armada en 1915. Farmacéutico en Monforte de Lemos. Bugallalista, foi elixido concelleiro de Monforte de lemos en 1922.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi deputado provincial.[2] Na República foi presidente da Asociación Patronal da Industria e do Comercio de Monforte de Lemos. Promotor e logo xefe de Falange de Monforte de Lemos.[3] Foi detido o 25 de abril de 1936 por orde do gobernador civil, ingresou na prisión de Monforte e saíu en liberdade dous días despois. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Xefe provincial da Falange de Lugo en xuño de 1937 para substituír a José María Fenollera Velón.[4] A mediados de agosto de 1938 viaxou a Burgos para entrevistarse con secretario xeral de Falange e co ministro do Interior.[5] A raíz do asasinato de Manuel Saco Rivera o 28 de agosto de 1938, foi detido xunto o xefe da garda municipal e o xefe local de Falange de Sarria Eduardo Gómez Requejo.[6] Foi substituído como Xefe provincial da Falange de Lugo por Ramón Ferreiro Rodríguez o 27 de agosto.[7] Nos anos corenta foi xuíz municipal sustituto de Monforte de Lemos.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Fernández Pérez e foi pai de Ramón, José Antonio, María Teresa, Flora, Juan Francisco e María del Carmen Martínez Fernández.[9]

  1. El Progreso, 8-2-1922, p. 2.
  2. La Provincia, 22-1-1924, p. 1.
  3. 'Veña encargarse do seu fillo que llo deixamos aí morto'
  4. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 4.
  5. El Progreso, 17-8-1938, p. 4.
  6. Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2. 
  7. El Pueblo Gallego, 28-8-1938, p. 2.
  8. BOP Lugo, 17-9-1949, p. 4.
  9. El Progreso, 30-11-1939, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]