Rosendo Vila Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rosendo Vila Fernández, nado en Bóveda en 1886 e finado en Monforte de Lemos o 7 de setembro do 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba onde foi director da revista mercantil Caduceo[1]. Casou en Alacant con Mercedes Torregrosa Lluch en 1921[2]. Ao regreso instalouse en Monforte de Lemos. Membro do Partido Republicano Radical, colaborou en El Combate. Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1935, deixou a alcaldía en xullo dese ano por ter que ausentarse de Monforte por un tempo. Foi asasinado por un grupo de falanxistas encabezado polo presidente do Sindicato Agrario de Monforte, o 7 de setembro de 1936, na súa casa de Vilanova, en presenza da súa muller e filla.


Predecesor:
Manuel Maseda Cadórniga
 Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg
Alcalde de Monforte de Lemos
 
1935
Sucesor:
Álvaro Rodríguez Pérez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]