Manuel Díaz González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Díaz González
Manuel Díaz González 1886-1936.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1886
 Sirgueiros, O Incio
Falecemento11 de setembro de 1936
 O Incio
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Díaz González, nado en Sirgueiros (O Incio) o 29 de xaneiro de 1886 e finado no mesmo concello o 11 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro dos once fillos de Juan Díaz Mendoza. Con doce anos sufriu unha meninxite. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e cando rematou, en 1907, iniciou os estudos de medicina na mesma cidade. Recibiu o título de médico en 1913. Exerceu a medicina en La Bañeza antes de trasladarse á Cruz do Incio a principios da década dos anos vinte.

O 16 de febreiro de 1924 foi elixido alcalde do Incio, posto no que permaneceu ata o 10 de novembro do mesmo ano, tamén foi deputado provincial. En 1929 foi nomeado médico municipal do Incio, continuando como tal ata 1936, e era coñecido como "O médico dos pobres" por non cobrar aos necesitados.

Na época da II República colaborou no periódico local Siembra, militou no Partido Republicano Gallego e máis tarde en Izquierda Republicana. Detido en agosto de 1936, foi asasinado o 11 de setembro no lugar de Casilla da Sierra, no km 11,1 da estrada de Laiosa á Cruz do Incio, na parroquia de Eirexalba.


Predecesor:
'
 Escudo de O Incio.svg
alcalde do Incio
 
1924
Sucesor:
'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]