Saltar ao contido

Manuel Anxo Taboada Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Anxo Taboada Rodríguez
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Chantada
2007 – 2011
← Manuel Lorenzo Varela RodríguezManuel Lorenzo Varela Rodríguez →
Alcalde de Chantada
1991 – 1996 (moción de censura)
← Sergio Vázquez YebraManuel Lorenzo Varela Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor de ensino secundario, filólogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Bloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Manuel Anxo Taboada Rodríguez, nado en Chantada en 1955, é un filólogo, profesor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, 1ª promoción na Universidade de Santiago. Foi Profesor de Secundaria, Lingua Galega e Literatura. En 1990 foi nomeado director do Instituto de FP de Chantada. Fillo de José Taboada Méndez, membro da Hermandad de Labradores local e concelleiro durante a derradeira corporación da ditadura. Militante da UPG desde a clandestinidade, logo de Esquerda Galega e posteriormente do BNG.

De cara ás eleccións municipais de 1991 deixou o BNG xunto con outros militantes e conformou a candidatura Chantada Nova-Unidade Galeguista, canda outros membros doutras formacións nacionalistas e de esquerda, a cal encabezou e logrou 3 concelleiros por detrás dos 6 do PPdeG e os independentes do ata entón alcalde popular Sergio Vázquez Yebra. Porén foi elixido alcalde de Chantada ao logra-lo apoio dos independentes de Yebra e do PSdeG, polo que conformou un goberno tripartito con estas dúas formacións. Nas eleccións municipais de 1995 foi de novo candidato de Chantada Nova e conseguiu gañar con 6 concelleiros, polo que mantivo a alcaldía en minoría como forza máis votada, xa que nin os independentes de Yebra nin o PSdeG quixeron seguir formando parte do goberno. En xaneiro de 1996 perdeu a alcaldía mediante unha moción de censura que fixo alcalde ao candidato do PPdeG Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, a cal contou co apoio dos independentes e que supuxo o regreso destes ás filas populares. Durante esta etapa de goberno logrou gaña-lo contencioso contra a Deputación de Lugo sobre o canon co encoro de Belesar, as escolas deportivas, a finalización do parque Elisa Rivdadulla ou a elaboración do proxecto do paseo fluvial.

En xuño de 1998 Chantada Nova integrouse de novo no BNG, polo que nas eleccións municipais de 1999 foi cabeza de lista desta formación política á fronte da cal tentou recupera-la alcaldía, finalmente sen éxito dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Se ben a finais de 2002 foi de novo proposto como candidato nacionalista en Chantada[1], a posterior crise desatada coa dimisión do responsable local en xaneiro de 2003 supuxo que este, xunto con Taboada e outros membros do BNG, pasasen a formar parte de Independentes por Chantada que encabezaría o empresario e mestre Jesús Boán e da cal Taboada formou parte como número 6[2]. A formación logrou 4 concelleiros sendo a segunda froza política de Chantada por detrás do PPdeG, que volveu a lograla maioría absoluta.

En maio de 2006 os Independentes integráronse no PSdeG-PSOE, polo que foi candidato á alcaldía por esta formación nas eleccións municipais de 2007. Conseguiu recupera-la alcaldía grazas a un pacto co BNG, despois de que os populares perdesen a maioría absoluta. Nas municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura socialista, perdendo a alcaldía en favor do exalcalde Manuel Lorenzo Varela, o cal logrou a vitoria á fronte dunha formación independente tralo seu abandono do PPdeG. Ante estes resultados retirouse da vida política e renunciou a recolle-la súa acta de concelleiro[3]. Durante o seu segundo mandato como alcalde destacou a restauración da igrexa de Nogueira, a construción do auditorio e do edificio de servizos, a rehabilitación dos Pendellos, a renovación das piscinas exteriores, a remodelación do campo de fútbol, a ampliación do polígono ou a adquisición do campo do San Lucas.


Predecesor:
Sergio Vázquez Yebra
 
Alcalde de Chantada
 
1991 - 1996
Sucesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Predecesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
 
Alcalde de Chantada
 
2007 - 2011
Sucesor:
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]