Malvina Garrigues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Malvina Garrigues
SchvCM Isolde3.jpg
Malvina Garrigues encarnando a Isolde na ópera de Wagner Tristan und Isolde.
Nome completoEugénia Malvina Garrigues (de solteira)
Malvina Schnorr von Carolsfeld (de casada)
Nacemento7 de decembro de 1825
OrixeCopenhague, Dinamarca Dinamarca
Falecemento8 de febreiro de 1904
Karlsruhe, Gran Ducado de Baden Flagge Großherzogtum Baden (1891–1918).svg
 Karlsruhe
SoterradaAlter Annenfriedhof
CónxuxeLudwig Schnorr von Carolsfeld
OcupaciónCantante.
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
editar datos en Wikidata ]

Eugénia Malvina Garrigues (máis tarde Malvina Schnorr von Carolsfeld), nada o 7 de decembro de 1825 en Copenhague (Dinamarca) e finada o 8 de febreiro de 1904 en Karlsruhe (daquela no Gran Ducado de Baden e actualmente en Alemaña), foi unha soprano dinamarquesa de orixe portugués que desenvolveu a súa carreira en Alemaña. Ela e o seu home Ludwig Schnorr von Carolsfeld interpretaron os papeis principais da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde en 1865.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e estudos[editar | editar a fonte]

Malvina Garrigues Schnorr von Carolsfeld.

Malvina Garrigues foi filla do cónsul portugués na capital dinamarquesa, João António Henriques Garrigues, e a súa muller alemá de ascendencia francesa (Nanette Palmier). A raíña María II de Portugal asignou a seu pai como cónsul de Dinamarca por decreto o 17 de novembro de 1852, xa que logo non ten ascendencia brasileira, xa que foi bautizada no consulado portugués. Malvina estudou en París co célebre Manuel Patricio Rodríguez García.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Realizou o seu debut na ópera Robert le diable de Giacomo Meyerbeer en Breslau en 1841, onde cantou ata 1849.[1] De 1849 a 1853 traballou Hoftheater ducal en Coburg, e en Gotha e Hamburgo.[2] En 1854 foi contratada pola Ópera de Karlsruhe, onde coñeceu a Ludwig Schnorr von Carolsfeld, que era dez anos máis novo. Alí apareceron xuntos en varias óperas como Les Huguenots. Os dous se comprometeron en 1857 e casaron en abril de 1860.[3] O mesmo ano foron contratados pola Ópera da Corte de Dresde.[4]

Tras 70 ensaios do seu Tristan und Isolde en Viena e aínda procurando cantantes para realizala, Richard Wagner propúxolles os papeis principais a Malvina e Ludwig Schnorr von Carolsfeld. A estrea ía ter lugar o 15 de maio de 1865 en Múnic, mais foi posposta ao 10 de xuño a causa da rouquen de Malvina.[3][5]

Logo da morte repentina e prematura de Ludwig aos 28 anos de idade o 21 de xullo de 1865, tan só seis semanas despois da estrea, Malvina afundiuse nunha profunda depresión e nunca máis volveu cantar. Malvina introduciuse no espiritualismo, e foi influenciada por un dos seus alumnos médium a crer que estaba destinada a casar con Wagner. Isto provocou uns profundos celos cara Cosima von Bülow, que estaba a vivir abertamente con Wagner en Triebschen, e tratou de crear unha fenda entre eles.[5]

Posteriormente impartiu clases de canto en Frankfurt; entre os seus alumnos salientaron Heinrich Gudehus e Rosalie Miller.

Malvina Garrigues tamén escribiu un pequeno número de cancións adicadas a Jenny Lind, con textos de Heinrich Heine e Lord Byron. Tamén publicou algúns poemas dela e seu home.[1][6][7]

Morreu en Karlsruhe en 1904 aos 78 anos de idade e foi incinerada en Heidelberg. As súas cinzas se encontran en Dresde.[5]

Foi obxecto dun espectáculo escénica dunha soa muller, O, Malvina!, creado por Gwyneth Jones,[8] que tamén a encarnou no filme de 1983 Wagner.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 John Warrack, en The Grove Book of Opera Singers
  2. The Diaries of Giacomo Meyerbeer
  3. 3,0 3,1 jrank.org
  4. Eric Blom, Dictionary of Music
  5. 5,0 5,1 5,2 The Androom Archives
  6. "Music by Women Composers". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2006. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  7. "Lied and Art Song Texts Page". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  8. Gwyneth Jones site

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]