Mahadevi Varma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mahadevi Varma
Varma Mahadevi.jpg
Nacemento26 de marzo de 1907
 Uttar Pradesh
Falecemento11 de setembro de 1987
 Allahabad - इलाहाबाद
NacionalidadeIndia e Raj Británico
Alma máterAllahabad University
Ocupaciónpoeta e escritora
PremiosPadma Bhushan, Jnanpith Award e Padma Vibhushan in literature & education
Hastaksharmahadevi.jpg
editar datos en Wikidata ]

Mahadevi Varma, nada o 26 de marzo de 1907 en Farrukhabad e finada o 11 de setembro de 1987 en Alwa, foi unha activista e escritora india. Como poetisa en lingua hindi está considerada a "Meera moderna".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia "kayastha" de avogados. Educouse en Jabalpur, casou na súa infacia, como era costume na época, con Swarup Narain Varma en Indore e quedou cos pais mentres o home estudaba en Lucknow. Ela completou a súa educación na Universidade de Allahabad, graduándose en sánscrito en 1933. Despois da morte do seu marido, en 1966, radicou en Allahabad e viviu alí ata a súa morte. Mahadevi foi directora do Allahabad (Prayag) Mahila Vidyapeeth, dedicado ao ensino de educación cultural e literaria a mozas en lingua hindi. Comezou a escribir poemas xunto con outra compañeira de escola, Subhadra Kumari Chauhan, enviándolles composicións a revistas literarias, que publicaron algúns dos seus poemas. Mahadevi está considerada unha poeta destacada do movemento Chhayavaadi [2](1914-1938) da literatura hindi , canda Suryakant Tripathi 'Nirala', Jaishankar Prasad e Sumitranandan Pant. Tamén escribiu relatos, como Gillu , Neelkanth ou Gaura ou a súa memoria da infancia, Mero Bachpan Ke Din.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Neehar (1930)
  • Rashmi (1932)
  • Neeraja (1934)
  • Sandhyageet (1936)
  • Deepshikha (1939)
  • Yarna (1940, colección de obras anteriores)
  • Pratham Aayam (1952, colección de poesías da súa mocidade)
  • Agnirekha (1990, póstumo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mahadevi Verme: Modern Meera
  2. "Mahadevi Varma. Indian writer and activist". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2019.