Mack Sennett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mack Sennett
Mack Sennett 1916.jpg
Nome completo Mikall (Michael) Sinnott
Nacemento 17 de xaneiro de 1880
Danville, Quebec
Falecemento 5 de novembro de 1960
Woodland Hills, California
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Director, actor

Mikall (ou Michael) Sinnott, nado en Danville (Quebec) o 17 de xaneiro de 1880 e finado en Woodland Hills (California) o 5 de novembro de 1960 foi un actor e director de cinema estadounidense, innovador do cinema mudo, coñecido como Mack Sennett.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no Canadá, marchou a vivir coa súa familia a Connecticut e Massachusetts cando tiña dezasete anos. Alí foi onde comezou a idea de chegar a ser un cantante de ópera despois de ver un espectáculo de vodevil. En Nova York converteuse en actor, cantante, bailarín, pallaso, decorador e director para a American Mutoscope and Biograph Company.

En 1912 fundou os Keystone Studios, onde comezaron a súas carreiras actores como Marie Dressler, Mabel Normand, Charles Chaplin, Roscoe Arbuckle, Harold Lloyd, Gloria Swanson, Bing Crosby e W.C. Fields.

As comedias do xénero slapstick de Sennett destacaron polas súas salvaxes carreiras de coches e as batallas de tortas. A partir de 1915 incluía tamén un grupo de rapazas, coñecido como Sennett Bathing Beauties que aparecían en traxe de baño en curtametraxes e material promocional.

Sennett pasou con éxito ao cinema sonoro, sendo o primeiro en distribuír unha curta falada, en 1928. Tamén experimentou ocasionalmente coa cor.

O estudio de Sennett non sobreviviu á Gran Depresión e caeu na bancarrota en 1933. Retirouse aos 55 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Durante os seus vinte e cinco anos de carreira participou en máis de 1000 filmes sonoros e varias ducias de filmes falados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lahue, Kalton (1971). Barnes, ed. Mack Sennett's Keystone: The man, the myth and the comedies. Nova York. ISBN 978-0-498-07461-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]