Marie Dressler
(1930) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Leila Marie Koerber 9 de novembro de 1868 Cobourg, Canadá |
| Morte | 28 de xullo de 1934 Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de cinema, guionista, actriz de teatro, produtora, directora de cinema |
| Período de actividade | 1886 |
| Empregador | Keystone Studios Metro-Goldwyn-Mayer |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Fillos | Marie Dressler |
| Pai | Alexander Rudolph Koerber |
| Irmáns | Bonita Louise Koerber |
| Premios | |
| |
Marie Dressler, nada en Cobourg, Ontario o 9 de novembro de 1868 e finada en Santa Barbara, California o 28 de xullo de 1934 foi unha actriz de cinema e teatro canadense-estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no Canadá, filla de Alexander Rudolph Koerber, austríaco que fora oficial na Guerra de Crimea e Anna Henderson. Ambos os dous pais eran músicos. Aos catorce anos marchou da casa para traballar como actriz e corista. Debutou en Broadway en 1892, chegando a converterse anos despois nunha estrela de vodevil. En 1902 coñeceu a Mack Sennet, ao que axudaría a conseguir traballo no teatro.
Durante a primeira guerra mundial fixo xiras polos Estados Unidos vendendo bonos de guerra.
O seu primeiro papel importante no cinema chegou en 1914 en Tillie's Punctured Romance, dirixido por Sennett e protagonizado por Charles Chaplin. O filme foi un éxito de público, polo que durante os seguintes anos seguiría facendo comedias. Na folga de actores de 1919 en Nova York a Chorus Equity Association elixiuna como primeira presidenta. A súa belixerancia fíxolle difícil obter traballo durante os anos vinte.
En 1927, a guionista Frances Marion, da Metro-Goldwyn-Mayer, usou a súa influencia para que a contratasen. Un dos primeiros filmes na MGM foi The Callahans and the Murphys. O filme inicialmente foi un éxito, pero as protestas dos irlandeses pola imaxe que daba deles fixo que o filme fose cortado e posiblemente destruído. Finalmente cos seus seguintes filmes recuperaría a sona.
Gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Min and Bill, con Wallace Beery. Seguiu traballando ata que lle diagnosticaron un cancro terminal, causa do seu pasamento en 1934.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1909 | Marie Dressler |
| 1910 | Actors' Fund Field Day |
| 1914 | Tillie's Punctured Romance |
| 1915 | Tillie's Tomato Surprise |
| 1917 | Fired |
| 1917 | The Scrub Lady |
| 1917 | Tillie Wakes Up |
| 1918 | The Red Cross Nurse |
| 1918 | The Agonies of Agnes |
| 1927 | Breakfast at Sunrise |
| 1927 | The Joy Girl |
| 1927 | The Callahans and the Murphys |
| 1928 | Patsy |
| 1928 | Bringing Up Father |
| 1929 | Voice of Hollywood |
| 1929 | The Vagabond Lover |
| 1929 | Dangerous Females |
| 1929 | Hollywood Revue of 1929 |
| 1929 | The Divine Lady |
| 1930 | The Voice of Hollywood No. 14 |
| 1930 | Screen Snapshots Series 9, No. 14 |
| 1930 | The March of Time |
| 1930 | Anna Christie |
| 1930 | Derelict |
| 1930 | Let Us Be Gay |
| 1930 | Caught Short |
| 1930 | One Romantic Night |
| 1930 | The Girl Said No |
| 1930 | Chasing Rainbows |
| 1930 | Min and Bill |
| 1931 | Jackie Cooper's Birthday Party |
| 1931 | Politics |
| 1931 | Reducing |
| 1932 | Prosperity |
| 1932 | Emma |
| 1933 | Going Hollywood |
| 1933 | Cea ás oito |
| 1933 | Tugboat Annie |
| 1933 | Christopher Bean |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marie Dressler |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kennedy, Matthew (2006). McFarland, ed. Marie Dressler: A Biography, With a Listing of Major Stage Performances, a Filmography And a Discography. ISBN 0-7864-0520-1.
- Lee, Betty (1997). University of Kentucky Press, ed. Marie Dressler: The Unlikeliest Star. ISBN 0-8131-2036-5.
- Silverman, Steven M. (1999). Harry N. Abrams, Inc., ed. Funny Ladies. ISBN 0-8109-3337-3.
- Sturtevant, Victoria (2009). University of Illinois Press, ed. A Great Big Girl Like Me: The Films of Marie Dressler. Urbana, Illinois. ISBN 978-0-252-07622-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marie Dressler na IMDb (en inglés).
- [1]
- [2]
- Marie Dressler en Internet Archive