MV Le Joola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Le Joola at Ziguinchor 1991.jpg
Ferry MV Le Joola en Ziguinchor, Senegal en 1991
Historia
Senegal
Nome:

Le Joola

Dono:

Republique Senegal, Ministere de l'Equipement, Dakar / Senegal

Operador:

Forzas armadas de Senegal

País

 Senegal

Ruta:

Dakar a Casamanza

Construtor:

Schiffswerft Germersheim GmbH (Alemaña)

Adquirido:

1990

Fóra de servizo:
  • 13 setembro 2001 – 10 setembro 2002
  • Reparación de danos mecánicos e substitución do motor de babor
Identificación:
Destino:

Capotado e afundido en mar bravo o 26 de setembro de 2002

Estado: Afundido
Notas:

O barco foi sobrecargado, cunha estimación de 1,863 persoas a bordo no momento do desastre.

Características xerais
Clase e tipo:

Transbordador Ro-Ro

Tonelaxe:

2,087 GRT

Eslora:

79.5 m

Manga:

12 m

Calado:

3.1 m

Capacidade:
  • 536 pasaxeiros
  • 35 coches
Tripulación:

44

Ruta e localización aproximada do afundimento do MV Le Joola.
Conmemorativo plaza en Ziguinchor preto dos pasaxeiros de sitio embarcaron en MV Le Joola

O MV Le Joola foi un transbordador propiedade do goberno senegalés, que capotou e se afundiu fronte á costa de Gambia o 26 de setembro de 2002, cun resultado de 1,863 mortes e 64 superviventes.[1] Está considerado o segundo maior desastre non militar na historia marítima.

O barco cubría a ruta dende Ziguinchor, na rexión de Casamanza, ata a capital senegalesa, Dakar, cando se atopou cunha violenta tormenta, máis lonxe da costa do que tiña permitido. Os case 2.000 pasaxeiros que se estima que viaxaban a bordo (a metade sen billete) equivalería a polo menos, tres veces a capacidade do barco; máis deles durmindo na cuberta (e polo tanto, sobre o seu baricentro), o que engadiu máis inestabilidade. As operacións de rescate non arrancaron até varias horas despois.

Unha investigación do goberno apuntou principalmente a unha neglixencia e as acusacións chegaron a sinalar ao presidente de Senegal e ao primeiro ministro.

O barco[editar | editar a fonte]

O barco foi chamado Le Joola polo pobo Jola do sur de Senegal. Foi construído en Alemaña e botado en 1990. Tiña 79 metros de eslora e 12 metros de manga, tiña dous motores e estaba equipado con algunhas das medidas de seguridade máis modernas no momento do desastre. O Le Joola facía dúas viaxes á semana e a míudo transportaba mulleres que vendían mangos e aceite de palma no mercado de Dakar. No momento da catástrofe, o barco estivera fóra de servizo case un ano, por mor de varias reparacións que incluíron a substitución do motor de babor.

Última viaxe[editar | editar a fonte]

O 26 de setembro de 2002, o Le Joola saíu de Ziguinchor, na rexión de Casamanza, á 1:30 da tarde, nunha das súas frecuentes viaxes entre o sur de Senegal e a capital do país, Dakar. A pesar de que o barco foi deseñado para levar un máximo de 580 pasaxeiros e tripulación, crese que viaxaban a bordo 1,863 pasaxeiros, incluíndo 185 persoas que subiron ao barco en Carabane, unha illa onde había non había ningunha escala oficial para pasaxeiros. O número exacto de pasaxeiros non se coñece (algunhas organizacións senegalesas cifráronos en máis de 2.000), pero había 1,034 viaxeiros con billete. O resto dos pasaxeiros, ou ben non tiñan necesidade de ter billete (nenos de menos de cinco anos), ou ben se lles permitiu viaxar gratis, como sucedía a miúdo.[2]

A última chamada do persoal do transbordador foi transmitida ao centro de seguridade marítima en Dakar ás 10 da noite e informou de boas condicións para viaxar. Arredor das 11 da noite, o barco atravesou unha tormenta fronte ás costas de Gambia. Como resultado do mar bravo e o vento, o ferry inclinouse, lanzando pasaxeiros e carga ao mar. Informes detallados indican que isto sucedeu en menos de cinco minutos.

Mentres moitos dos pasaxeiros do barco é probable que morreran durante, ou xusto despois, de capotar o barco, moitos outros probablemente sobreviviron e afogaron despois mentres esperaban o rescate. Os equipos de rescate do goberno non chegaron ao lugar do accidente ata a mañá seguinte, a pesar de que algúns pescadores locais xa rescataran superviventes do mar varias horas antes. Só 64 pasaxeiros sobreviviron, incluída só unha muller (Mariama Diouf, que estaba embarazada) de máis de 600 mulleres a bordo.[3]

Antes de que os equipos oficiais de rescate chegaran, foron os pescadores locais, con piraguas, os que fixeron os primeiros esforzos para sacar superviventes da auga. Foron capaces de rescatar algunha xente pero tamén de recuperar varios corpos que flotaban darredor do Le Joola. Ás dúas da mañá, rescataron un rapaz de 15 anos. O rapaz confirmou que había aínda moita xente con vida atrapada dentro do barco e informouse de ruído e berros que proviñan do interior.[4]

O Le Joola permaneceu inclinado pero a flote ata arredor das 3 da mañá, momento no que finalmente se somerxeu baixo a superficie da auga, levando con el aos que non puideron saír do barco.[2]

Causas[editar | editar a fonte]

A perda colosal de vidas ocasionada pola traxedia provocou unha gran conmoción en Senegal, e inmediatamente se pediron explicacións. O goberno de Senegal iniciou unha investigación. Tamén o fixeron os tribunais franceses, pois viaxaban varios cidadáns daquel país no barco. Segundo moitas fontes, o accidente foi causado por varios factores, incluíndo unha posible neglixencia. Mentres o mar bravo e o vento foron directamente responsábeis da envorcadura, o ferry foi construído só para navegar en mar territorial, mais navegaba máis aló deste límite litoral cando naufragou. A sobrecarga é un dos factores máis comunmente mencionados do desastre, tanto como causa da envorcadura como do alto número de mortes. Debido á calor e ás condicións claustrofóbicas baixo a cuberta, moitos pasaxeiros durmían normalmente na parte superior, facendo o barco máis inestábel. O barco tiña só 12 anos e foi construído para estar en servizo polo menos 30 anos, mais padeceu varios problemas técnicos nos anos anteriores ao naufraxio. Estes problemas son agora atribuídos ao deficiente mantemento por parte dos seus donos e non a fallos de diseño.[5]

Mortes[editar | editar a fonte]

Polo menos 1,863 persoas morreron, a pesar de que o número exacto nunca se saberá debido ao gran número de pasaxeiros sen billete. Entre os mortos houbo 1,201 homes (61.5%) e 682 mulleres (34.9%). O xénero de 70 vítimas non puido ser determinado. Entre os mortos inclúense pasaxeiros de polo menos 11 países: Camerún, Guinea, Ghana, Nixeria, Francia, España, Noruega, Bélxica, Líbano, Suíza e os Países Baixos.

O 28 de setembro de 2002, o activista medioambiental Haïdar El Ali e o seu equipo de mergullo exploraron a zona do desastre. Non viron ningún supervivente, mais si moitos corpos de homes, mulleres e nenos dentro do barco. 300 cadáveres atrapados foron liberados. Outros 100 que estban darredor do barco foron tamén recuperados. 551 corpos foron recuperados en total. Deles, 93 foron identificábeis e devoltos ás súas familias. Os corpos restantes foron soterrados en cemiterios especialmente construídos en Kabadiou, Kantene, Mbao e na costa de Gambia. Celebráronse funerais nacionais o 11 de outubro de 2011, en Dakar.

Reparación e homenaxes[editar | editar a fonte]

O goberno senegalés ofreceu inicialmente ás familias 22.000$ por vítima e despediu a varios oficiais, mais ninguén nunca foi xulgado e o informe oficial foi pechado un ano após o desastre.[6] Oficiais, incluídos altos mandos das Forzas Armadas de Senegal, que foron trasladados a outros lugares, foron acusados de neglixencia por non responder axiña ao desastre, pero poucos apuntaron aos responsables da sobrecarga e do mal mantemento do buque. O que era naquel momento primeiro ministro, Mame Madior Boye, foi destituído polo presidente Abdoulaye Wade despois do desastre con parte do seu gabinete, pola mala xestión do rescate.[7] Nas eleccións de 2007 o ex-primeiro ministro e rival de Wade, Moustapha Niasse, acusouno de encubrir as responsabilidades dos destituídos no desastre.[8] As familias das vítimas, moitas das cales non puideron pedir indemnizacións, continuaron sendo moi críticas co goberno pola súa xestión do rescate, cos operadores do barco que provocaron o desastre e co proceso de reparación.[9]

As familias de vítimas francesas rexeitaron as indemnizacións de 2003, e denunciaron ás autoridades senegalesas nos tribunais franceses. O 12 de setembro de 2008, un xuíz francés presentou cargos contra nove oficiais senegaleses, incluído o ex-primeiro ministro, Boye. A reacción popular e dos oficiais senegaleses contra estes cargos por parte do antigo poder colonial foi hostil, co goberno senegalés ameazando con presentar eles cargos contra o xuíz francés, Jean-Wilfrid Noël.[10]

Un documental do xornalista senegalés Papa Moctar Selane foi estreado no noveno aniversario da traxedia, o 26 setembro de 2011. Recolle as historias dalgúns dos superviventes e cuestiona o lento rescate.[11]

O futbolista senegalés Aliou Cisse perdeu 12 membros da súa familia nesta traxedia, [12] e o seu club, o Birmingham City, en Inglaterra, exhibiu unha gran bandeira senegalesa para lembrar á familia do seu centrocampista, e a todas as outras persoas que perderon as súas vidas.[13]

Status do desastre[editar | editar a fonte]

O afundimento do Le Joola está considerado o segundo desastre non militar máis grave da historia marítima, por número de mortes. O primeiro posto ocúpao o MV Doña Paz, afundido en 1987 cun número estimado de 4,000 vítimas mortais. O RMS Titanic, afundido en 1912 con 1.517 vítimas mortais, está en terceiro lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Centos de mortos nun naufraxio en Senegal" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Que causou o desastre do Le Joola?". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  3. "Remata a búsqueda no ferry de Senegal" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  4. "O exército senegalés "abandonou" aos superviventes" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  5. "O presidente de Senegal destitúe ao primeiro ministro" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  6. "Senegal atravesa o sexto aniversario da catástrofe do ferry nos tribunais" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  7. "Informe culpa ao exército polo atraso no rescate do Joola" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  8. "Candidatos senegaleses intercambian acusacións en campaña" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  9. "Senegal: As familias piden xustiza polas mortes do Joola" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  10. "Senegale Francia en batalla legal polo desastre do ferry" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  11. "Filme: a ancla da memoria de Papa Moctar Sélane" (en francés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  12. "Cisse volve á casa" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  13. "Os fans azuis abren os seus corazóns ao duelo de Cisse" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Barry, Jessica (3 de marzo de 2013). "Senegal ferry disaster reveals need for psychological support". Cruz Vermella Internacional (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 

Torre, Luis Jar (3 de marzo de 2013). "UNA MASACRE AFRICANA - El naufragio del "Joola"". Grijalvo (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]