Casamanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Casamanza (en portugués: Casamança, en francés: Casamance) é unha rexión de Senegal localizada ao sur de Gambia, atravesada polo río Casamanza (ou Casamance). Ziguinchor, localizada próxima ao litoral, é a cidade máis populosa e principal dende o punto de vista económico.

Bandeira do Movemento das Forzas Democráticas de Casamanza.
Localizazón de Casamanza no Senegal

É unha rexión de clima quente e de baixa altitude, con algunhas montañas no sueste. A súa media anual de precipitacións é superior ao do resto de Senegal, asemellándose nisto á Guinea Bisau. Pode ser dividida en Baixa Casamanza (Rexión de Ziguinchor) e Alta Casamanza (Rexión de Sédhiou e Kolda), cunha superficie duns 35.680 km² e unha poboación de 1.683.844 habitantes en 2015. A súa economía depende principalmente do cultivo de arroz. O turismo tamén é importante, polas belas praias na costa, particularmente no Cabo Skirring.

A dominación colonial de Casamanza foi emprendida desde 1445 polos portugueses[1] e, moi posteriormente, polos franceses, até que foron estabelecidas as fronteiras entre esa rexión e a colonia da Guinea portuguesa (a actual Guinea Bissau), localizada ao sur. Por esa razón, Casamanza está ligada cultural e lingüisticamente á Guinea Bissau e coñecer a lingua portuguesa é común.

En 1888 produciuse a venda de Ziguinchor aos franceses e, en 1908, Portugal cedeu á mesma nación o resto de Casamanza.

O grupo étnico dominante en Casamanza son os xolas (ou diolas). Este grupo ten sido pouco favorecido economicamente en relación ao restante de Senegal, situación que contribuíu ó xurdimento dun movemento separatista, denominado Movemento das Forzas Democráticas da Casamanza (MFDC). O conflito entre o MFDC e o goberno senegalés ten levado a unha serie de enfrontamentos violentos, ocasionando moitas mortes desde o fin do século XX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Copy Desk (26-3-2018). "Casamansa: a ex-colónia portuguesa que luta pela independência". Descobrir Portugal (en portugués). Consultado o 27-3-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]