Unha piragua sobre o río Níxer en Malí.Vídeo de xente navegando en piraguas (Níxer).
Unha piragua é calquera embarcación tripulada por un ou varios individuos que se impulsa por medio de pa (non de remo ou remos).[1] A diferenza co remo é que a pa non vai fixada, ligada ou unida á propia embarcación, senón só nas mans de quen a manexa.
Ademais, nas embarcacións de remo ou remos quen impulsa a embarcación adoita ir encarado á popa (como en barcas, esquifes, traiñeiras, galeras, birremes, trirremes etc.), é dicir, avanza de costas, mentres nas piraguas navégase de fronte.
O termo piragua, segundo a Federación Galega de Piragüismo,[2] engloba á canoa e ao caiac.