Ziguinchor
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Senegal | |||
| Subdivisións | Rexión de Ziguinchor | |||
| Departamentos | Departamento de Ziguinchor | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 69.646 (1976) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 9 km² | |||
| Bañado por | Rio Casamansa (pt) | |||
| Altitude | 12 m | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Abdoulaye Baldé (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Ziguinchor é a capital da rexión natural de Casamanza e da rexión administrativa de Ziguinchor no Senegal. A súa poboación é duns 153 269 habitantes (censo do 2001).
Casamanza tratou de obter a autonomía do goberno central en Dakar, isto é un dos motivos para que exista un movemento separatista na rexión de Casamanza (ou Casamance).
Ziguinchor está situado no suroeste do Senegal á beira do río Casamanza e a uns 70 km do océano Atlántico.
Está conectada con Dakar por estrada, por barco e por avión, converteuse nun centro comercial e industrial en moitos mercados, posuíndo unha gran fábrica de procesamento de aceite de cacahuete.
A cidade foi fundada en 1645 polos portugueses, o nome da cidade derivaría precisamente da frase Cheguei e choram, xa que os nativos conturbáronse ao estabelecerse a colonia portuguesa e saber que esta sería un centro de tráfico de escravos. Foi vendida por Portugal a Francia en 1888, estado que se converteu no seu administrador comercial, explotando especialmente o cultivo de cacahuete e anexionouno á colonia francesa do Sénegal.
