Músculo sartorio
Sartorio | |
---|---|
Latín | [TA]: musculus ser tollos |
Orixe | entreliña do xeonllo |
Inserción | Superficie superior e anteriomedial da tibia. |
Vascularización | Arteria femoral |
Innervación | nervio femoral |
Accións | cruzar as pernas |
O músculo sartorio[1][2] é un músculo da rexión anterior da coxa, o máis superficial, ten forma de cinta que atravesa toda a coxa diagonalmente cara a dentro e cara a abaixo. É o músculo máis longo do corpo (mide aproximadamente, nun adulto, uns 35-55 cm de media).[3][4]
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]Sartor significa xastre en latín.[5] Unha das teorías que indican a súa orixe é que ao contraer este músculo conséguese a típica posición de traballo do xastre: sentado coas pernas cruzadas.
Viaxe
[editar | editar a fonte]Cando chega á zona inferior da coxa, o sartorio vólvese horizontal e cruza cara á zona interna do xeonllo, do que é músculo flexor, cruza o xeonllo de atrás cara a adiante e de arriba abaixo, o tendón aplánase e ensánchase cando alcanza a entreliña da articulación. Insírese ao comezo da diáfise da tibia pola súa cara medial. No mesmo lugar no que se insire o sartorio tamén se introducen outros dous tendóns que forman a pata de ganso superficial (sartorio, grácil e semitendinoso)[6]; o sartorio é o máis superficial de todos.
Accións
[editar | editar a fonte]Este músculo ten as súas accións nas dúas articulacións polas que pasa, a cadeira e o xeonllo. É un flexor da cadeira e move o fémur cara a fóra (abdutor), tamén fai xirar a cabeza femoral cara a fóra, é dicir, consegue poñer o talón dun pé por diante do xeonllo da perna oposta. No xeonllo é flexor, e a medio camiño entre a flexión e a extensión axudará a xirar a tibia cara a dentro en relación ao fémur. Ningunha das accións do músculo sartorio son pronunciadas, polo que é principalmente un músculo sinérxico, que actúa en conxunto con outros músculos da coxa que producen os movementos.
Forma o lado exterior do triángulo de Scarpa e dende o primeiro terzo da coxa o sartorio cobre as arterias e vasos diante. Tamén sobre outros músculos están o recto femoral (no seu inicio), o iliopsoas, o pectíneo, o adutor medial da coxa, o vasto medial do cuadríceps e o recto medial, interno ou músculo grácil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario; sartorio". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21.
- ↑ "Sartorius". Physiopedia (en inglés). Consultado o 2022-05-21.
- ↑ Gray´s Anatomy para Estudiantes (en castelán). Elsevier. 2006. ISBN 9788481748321.
- ↑ "SARTORIO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-05-21.
- ↑ entradas, Fisiolution432 (2017-06-27). "Sindrome de pata de ganso". Fisiolution (en castelán). Consultado o 2022-05-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo sartorio |