Sinerxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A sinerxía é o resultado ou efecto resultante da integración de elementos individuais, cando ese resultado excede ao simple agregado dos efectos que tales elementos terían.

O termo sinerxía deriva do grego synergía, de syn "cooperación" máis érgon, "traballo".

A sinerxía en bioloxía[editar | editar a fonte]

En bioloxía refírese ao concurso activo e concertado de varios órganos para realizar unha función.

A sinerxía en socioloxía[editar | editar a fonte]

A sinerxia fai referencia a asociacións que se reforzan mutuamente, sendo que todo proceso sinérxico produce resultados cualitativamente superiores ao agregado de actuacións illadas individuais.

A sinerxía na teoría xeral de sistemas[editar | editar a fonte]

En relación coa teoría de sistemas, a forma máis sinxela para explicar o termo sinerxía é examinando un obxecto ou ente tanxible ou intanxible e se ao analizar as partes illadamente estas non dá unha explicación relacionada coas características ou a conduta deste, entón estase falando dun obxecto sinérxico. Pódese dar recursividade en canto a que un sistema sinérxico estea composto á súa vez de subsistemas tamén sinérxicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.