Músculo bíceps da coxa
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bíceps (homónimos).
Músculo bíceps femoral | |
---|---|
Orixe | Tuberosidade isquiática, liña áspera do fémur |
Inserción | Extremo superior do peroné |
Vascularización | arteria femoral fonda |
Innervación | nervio ciático maior |
Accións | Extensión da cadeira, flexión e rotación do xeonllo |
O bíceps crural ou femoral [1] é un músculo do membro inferior humano. Insírese superiormente no coxal, pasa pola coxa e chega á perna. O seu nome débese a que está formado por dúas porcións, unha longa e unha curta.
Insercións superiores
[editar | editar a fonte]- Da porción longa: insírese no bordo inferior da pube.
- Da porción curta: insírese no intersticio entre os dous beizos do bordo posterior da diáfise femoral.
Insercións inferiores
[editar | editar a fonte]As dúas porcións únense na metade inferior da diáfise femoral nun único tendón, que se insire na epífise proximal do peroné.
Innervación e vascularización
[editar | editar a fonte]- Innervación: é innervado polo nervio ciático maior.
- Vascularización: é innervado pola arteria femoral fonda.
Relacións importantes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Oco poplíteo.
- Forma parte do límite superior do oco poplíteo.
Funcións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Articulación coxo-femoral.
- Na articulación coxo-femoral: é un extensor desta articulación.
- Artigo principal: Xeonllo.
- No xeonllo: é un flexor da perna sobre a coxa, e tamén un rotador externo desta articulación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo bíceps da coxa |