Músculo psoas maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo psoas maior

O psoas maior é un músculo do membro inferior.

Características[editar | editar a fonte]

Orixínase na parede abdominal posterior e descende cara á parte superior do compartimento anterior da coxa a través da metade lateral do espazo existente entre o ligamento inguinal e o óso pélvico. Durante o seu traxecto discorre xunto co músculo ilíaco. A pesar de que os músculos ilíaco e psoas maior teñen unha orixe independente, únense formando un único tendón de inserción no trocánter menor do fémur. Á unión destes dous músculos denomínaselle músculo psoas-ilíaco.

Función[editar | editar a fonte]

O psoas-ilíaco é un potente flexor da coxa na articulación da cadeira. Tamén contribúe á rotación lateral da coxa.

Vascularización[editar | editar a fonte]

Procede dunha póla da arteria iliolumbar.

Innervación[editar | editar a fonte]

O psoas maior está innervado por pólas das pólas anteriores de L1 a L3. O ilíaco por pólas do nervio femoral no abdome.