Músculo elevador da escápula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Levator scapulae.png

O músculo elevador da escápula[1] ou angular da omoplata é un músculo do membro superior humano, pertencente á rexión do ombreiro. Orixínase nas apófises transversas das vértebras cervicais primeira e segunda e nos tubérculos posteriores das apófises transversas das vértebras C3 e C4.

Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, dende o ángulo superior ata a espiña da escápula.

Función[editar | editar a fonte]

O elevador da escápula eleva a este mesmo óso. Non ten outras funcións de interese.

Inervación[editar | editar a fonte]

O músculo está inervado polo nervio dorsal da escápula e polos nervios espiñais de C3 e C4 directamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016.