Saltar ao contido

Planudes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Máximo Planudes»)
Modelo:BiografíaPlanudes
Nome orixinal(el) Μάξιμος Πλανούδης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1260 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1305 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo, escritor, historiador, filósofo, filólogo, monxe, tradutor, poeta Editar o valor en Wikidata
AlumnosManuel Moschopoulos (en) Traducir e Dimitrios Triclinius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1072897

Planudes (en latín Planudes, en grego Πλανούδης) tamén chamado Planudes Máximo, foi un monxe e erudito Constantinopolitano da época romana oriental.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Nicomedia de Bitinia (hoxe Izmit). Distinguiuse como teólogo, gramático e retórico, pero o seu papel máis interesante foi o de compilador das coleccións de poetas gregos menores (coñecidos como grilandas ou antoloxías, (Στέφανοι, ̓Ανθολογίαι). Viviu en Constantinopla na primeira metade do século XIV.

Andrónico II Paleólogo enviouno como embaixador a Venecia en 1327. Descoñécense outros fitos da súa vida pública ou privada.

As súas obras individuais non teñen a suficiente importancia para ser enumeradas unha a unha e é necesario agrupalas tematicamente:

A súa obra principal, a Antoloxía de Planudes, foi inicialmente considerada a Antoloxía grega por excelencia ata que se descubriu a Antoloxía de Constantino Céfalas[1].

A Antoloxía de Planudes

[editar | editar a fonte]

Consta de sete libros, cada un dos cales, excepto o quinto e o sétimo, está dividido en capítulos e ordenados por orde alfabética. O primeiro libro titúlase Έπιδειτικά (cousas pomposas, cousasostentosas) e recolle epigramas sobre este tema. O segundo, σκωπτικά, fala de temas satíricos. O terceiro, ἐπιτύμβια, é de temática sepulcral, inscricións en túmulos. O cuarto contén inscricións en estatuas de atletas e outras obras de arte. O quinto recolle a Ἔκφρασις de Cristodoro e inscricións e epigramas en estatuas de carros no Hipódromo de Constantinopla. O sexto, ἀναθηματική, reúne maldicións. E o sétimo, ἐρωτικά, fala de cuestións amorosas. Esta distribución é diferente á que fai Agatías na súa colección, coa que ás veces se confundiu. Esta Antoloxía recolle e organiza a de Constantino Céfalas, e engade algúns epigramas diferentes[2].

  1. Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volum III. Boston: Little, Brown & Comp. p. 385. 
  2. Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volum III. Boston: Little, Brown & Comp. pp. 387–388.