Mário Herrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mário Herrero
Nacemento2 de febreiro de 1968
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Mário J. Herrero Valeiro, nado na Coruña o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado e doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, e tamén tradutor xuramentado de portugués. Poeta e investigador en sociolingüística, sobre todo na problemática de planificación lingüística e normalización do galego.

Ten colaborado en diversas revistas, como Agália.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • No limiar do silêncio. Poemas da estrangeirice, 1999, Espiral Maior.
  • Cartografia da Atrocidade, 2001, Edições Tema.
  • A Vida Extrema, 2005, Edições Arcosonline, en edición electrónica.
  • Outra vida, 2013, Através Editora.
  • Da Vida Conclusa, 2014, O Figurante.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Mátria da Palavra. Antologia de poetas galego-lusofonos, 1990.
  • I Certame Literario, 1993.
  • Sete Poetas, 1995.

Premios[editar | editar a fonte]

  • VII Premio Espiral Maior de Poesía en 1998, por No limiar do silêncio.
  • II Premio de Poesía Figurante en 2014, por Da Vida Conclusa.
  • Premio Literario Glória de Sant'Anna en 2015, por Da Vida Conclusa.
  • Gañador do Certame de poesía erótica Illas Sisargas en 2015, por A razão do perverso.