Lycaena phlaeas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lycaena phlaeas

L. p. phlaeus
Extremadura, España.


Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Xénero: Lycaena
Especie: L. phlaeas
Nome binomial
Lycaena phlaeas
(Linnaeus, 1761)
Sinonimia

A Lycaena phlaeas é unha bolboreta diúrna do xénero Lycaena e da familia Lycaenidae.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Ten unha ampla distribución nas zonas tépedas de Eurasia, África norteñas e ao leste de Norteamérica (onde é unha especie introducida). Atópase en hábitats variados, sendo máis común en lugares de vexetación baixa, como prados e campos abertos, páramos, e aos bordos dos camiños de campo. Tamén aparece ocasionalmente en bosques. Na zona do Mediterráneo os adultos están de febreiro a outubro.

Liban as flores de Scabiosa columbaria unha planta moi común nos prados. Os machos son territoriais e afastan a outras bolboretas, aínda máis grandes, do seu territorio.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

É unha bolboreta pequena, cunha envergadura de 22 a 27 mm. As ás son de cor alaranxada e negra. Na cara superior a coloración é moi vistosa pero a inferior é de cores máis suaves.

A eiruga desta especie mide 15 mm de lonxitude máxima. Normalmente as eirugas son de cor verde, pero algúns exemplares teñen unha coloración marrón avermellada. Aliméntanse das follas de diferentes especies de plantas do xénero Rumex como, por exemplo, a aceda.

Hai dúas ou tres xeracións por ano e ás veces até catro nas zonas tépedas. Pasan o inverno como eirugas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Asher, Jim, Martin Warren, Richard Fox, Paul Harding, Gaile Jeffcoate & Stephen Jeffcoate (Eds) (2001) The Millennium Atlas of Butterflies in Britain and Ireland. Oxford University Press.
  • What is a Butterfly. Chicago: Benefic Press. 1958. p. 34. 
  • Dempster, J.P. & A.M. Emmet (1990) Lycaena phlaeas (Linnaeus). Pp. 134–139 in A. Maitland Emmet, John Heath et al. The Butterflies of Great Britain and Ireland. The Moths and Butterflies of Great Britain and Ireland vol. 7, part 1. Harley Books, Colchester, UK.
  • Evans, W.H. (1932). The Identification of Indian Butterflies (2ª ed.). Mumbai, India: Bombay Natural History Society. 
  • Butterflies of the Western Ghats, India (including Sri Lanka) - A Biodiversity Assessment of a Threatened Mountain System. Bangalore, India: Centre for Ecological Sciences. 1996. 
  • Gay, Thomas; Kehimkar, Isaac David; Punetha, Jagdish Chandra (1992). Common Butterflies of India. Bombay, India: World Wide Fund for Nature-India by Oxford University Press. ISBN 978-0195631647. 
  • Guppy, C.S. e Shepard, J. (2001) Butterflies of British Columbia British Columbia Museum, Canadá.
  • The Butterflies of Sikkim Himalaya and Their Natural History. Gangtok, Sikkim, India: Sikkim Nature Conservation Foundation. 1992. 
  • Butterflies of Peninsular India. Hyderabad, India: Universities Press. 2000. ISBN 978-8173713545. 
  • Tomlinson, David & Rob Still (2002) Britain's Butterflies. WildGuides, Old Basing, UK.
  • Butterflies of the Indian Region. Bombay, India: Bombay Natural History Society. 1957. ISBN 978-8170192329.