Luis Pando Rivero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Asturias, España |
Morte | 4 de decembro de 1936 (39/40 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Lingua | Lingua castelá |
Luis Pando Rivero, nado en Asturias en 1896 e finado en Pontevedra o 4 de decembro de 1936, foi un xuíz asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Adolfo Pando Valle, alcalde de Villaviciosa. Dirixiu a revista Universidad. Traballou na Cámara de Comercio de Cidade de México como asesor xurídico, e en Santiago de Compostela. Foi nomeado xuíz de Vilagarcía de Arousa en 1931. O seu nomeamento foi mal recibido polas forzas conservadoras, que organizaran un mitin na súa contra. Foi cesado en agosto de 1931,[1] pero volveu ser nomeado xuíz municipal en decembro de 1932.[2] Foi presidente do Frente Popular de Vilagarcía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentou a dimisión, que non lle foi admitida.[3] Posteriormente foi detido o 1 de agosto. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[4] En decembro levárono ao campo de concentración da Illa de San Simón e o día 4 de decembro foi fusilado na Caeira.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Purificación Durán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 2-8-1931, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 20-12-1932, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 18-8-1936.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. ISBN 978-84-09-02453-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luis Pando Rivero na páxina web Nomes e Voces.