Universidad
Aparencia
| Universidad | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Universidad foi unha revista publicada en Santiago de Compostela en 1922.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista científico-literaria, apareceu o 24 de febreiro de 1922. Era órgano das Asociacións oficias escolares da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixida por Luis Pando Rivero.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Luis Blanco Rivero, Juan Barcia Caballero, Miguel Gil Casares, Francisco Piñeiro Pérez, José Eleizegui López, Lobo e Salvador Cabeza de León.[2]