Jesús Villaverde Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Villaverde Rey
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsElpidio Villaverde Editar o valor em Wikidata

Jesús Villaverde Rey, coñecido como Achiño, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de outubro de 1897 e finado no mesmo concello o 25 de decembro de 1984, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Jesús Villaverde Buceta e Rosalía Rey Barreiro (natural da Arxentina), e irmán de Elpidio Villaverde. Foi elixido concelleiro de Vilagarcía de Arousa en 1931 e destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, acusado de falsidade en documento público. Absolto polo xulgado de Cambados, foi reposto no cargo o 19 de xaneiro de 1936 e elixido primeiro tenente alcalde.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto e conducido á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.[2] Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e foi trasladado ao penal de San Cristóbal de Pamplona en marzo de 1937. O 1 de febreiro de 1939 foi trasladado novamente o campo de concentración de Illa de San Simón. Finou en Vilagarcía de Arousa o 25 de decembro de 1984.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María del Pilar Cameron-Walker Bolado e foi pai de María del Pilar, Jesús María e María del Carmen Villaverde Cameron.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3.
  3. Genealogía de Jesús Villaverde Castro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]