Lucy Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucy Stone
Sm lucy stone 3d02055r.jpg
Nacemento13 de agosto de 1818
 West Brookfield
Falecemento19 de outubro de 1893
 Boston
CausaCancro de estómago
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónCongregationalist polity
Alma máterOberlin College e Mount Holyoke College
Ocupaciónxornalista, feminista, editora literaria, abolicionista, sufraxista e suffragette
CónxuxeHenry Browne Blackwell
FillosAlice Stone Blackwell
PremiosNational Women’s Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Lucy Stone, nada en West Brookfield, Massachusetts o 13 de agosto de 1818, e finada en Boston o 19 de outubro de 1893, foi unha oradora, abolicionista e sufraxista estadounidense especialmente influente na historia dos Estados Unidos do século XIX.[1] Traballou como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude e nas súas clases avogou tanto contra a escravitude como a prol dos dereitos da muller. En 1869 creou a Asociación Americana a prol Sufraxio da Muller.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a oitava de nove irmáns. Os seus pais foron Hannah Matthews e Francis Stone. Pasou a súa nenez traballando nunha granxa familiar de Coy's Hill en West Brookfield, Massachusetts.

Ó rematar o Bachelor of Arts foi mestra de escola. Ós 21 anos ingresou no College Oberlin en Ohio, a primeira universidade dos Estados Unidos que admitiu alumnos afroamericanos e o ingreso de mulleres, fundada en 1833 por presbiterianos. En 1839, Stone foi a primeira muller de Massachusetts que obtivo un grao académico.

Graduouse en 1847 e empezou a traballar como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude. Nas súas clases denunciaba a escravitude e tamén defendía os dereitos das mulleres.

En 1847, deu o seu primeiro discurso público sobre os dereitos das mulleres "A Provincia da Muller", convidada polo seu irmán Bowman Stone para falar na súa igrexa rompendo as convencións até o momento de que unha muller falase ante unha audiencia mixta.

En 1850, dous anos despois de que se celebrase en Nova York a Convención de Séneca Falls, organizou a primeira Convención Nacional polos dereitos da muller en Worcester, Massachusetts. Alí coñeceu ó que sería o seu marido.

En 1855 casou con Henry B. Blackwell (1825-1909), activista contra a escravitude. Ambos prometeron ter igualdade de dereitos no matrimonio. Un ano despois da voda, en protesta contra as leis discriminatorias Stone decidiu recuperar o seu apelido de solteira, "o meu nome é a miña identidade e non debo perdela" escribiu nunha carta ó seu marido e foi a primeira estadounidense rexistrada que mantivo o seu apelido despois do matrimonio.[3] Henry era irmán de Elizabeth Blackwell, tamén activista dos dereitos da muller e primeira doutora dos Estados Unidos. Lucy e Henry tiveron unha única filla: Alice Stone Blackwell (1857-1950) xornalista, tradutora e tamén activista polos dereitos das mulleres.[4]

Escravitude e voto feminino[editar | editar a fonte]

En 1861 foi elixida presidenta da Asociación de Mulleres de Nova Jersey e foi confundadora da liga Nacional de Mulleres que promoveu a Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos que aboliu a escravitude aprobada en 1865.

En 1869 creou en Boston a Asociación Americana a prol do Sufraxio da Muller (American Woman Suffrage Association) a partir do grupo de reformadores sociais que pensaban que do mesmo xeito que era necesario abolir a escravitude érao tamén defender os dereitos das mulleres. Foi un grupo moderado, menos militante que a Asociación Nacional do Sufraxio da Muller (National Woman Suffrage Association) de Elizabeth Candy Stanton e Susan B. Anthony e só fixo campaña pola consecución do voto feminino sen ocuparse doutras discriminacións que sufrían as mulleres.

Stone e o seu marido fundaron o semanario feminista Diario da Muller onde publicaban os seus discursos e os doutras activistas. Stone falou ante varios corpos lexislativos para promover leis que desen máis dereitos ás mulleres.[5]

Morreu en Boston en 1893, ós 73 anos. Ese mesmo ano aprobouse unha emenda da Constitución de Estados Unidos que outorgaba nalgúns estados o dereito ó voto feminino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lucy Stone. Women's Rights Activist and Journalist". Consultado o 24 de maio de 2016. 
  2. Electronic Oberlin Group. Oberlin: Yesterday, Today, Tomorrow... Lucy Stone (1818-1893). Consultado o 9 de maio de 2009.
  3. "Biografías - Sufragismo y Feminismo, 1789-1945". 
  4. Blackwell, Alice Stone (1 de xaneiro de 1930). Lucy Stone: Pioneer of Woman's Rights (en inglés). University of Virginia Press. ISBN 9780813919904. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  5. Dorchester Atheneum. Lucy Stone, 1818-1893 . "Perhaps Lucy Stone's greatest contribution was in founding and largely financing the weekly newspaper of the American Woman Suffrage Association, the Woman's Journal." Consultado el 9 de mayo de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]