Luís Rivaya Riaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Rivaya Riaño
Nacemento19 de febreiro de 1912
Lugar de nacementoO Incio
Falecemento16 de abril de 1976
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónavogado
editar datos en Wikidata ]

Luís Rivaya Riaño, nado en Santa Cruz do Incio o 19 de febreiro de 1912 e finado en Madrid o 16 de abril de 1976[1], foi un xurista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiro dos dez fillos do notario Luís Rivaya Llamedo e de Trinidad Riaño Vigil. De pequeno trasladouse coa familia ao Barco de Valdeorras. En 1949 casou con María Isabel Segura Delgado, con quen tivo catro fillos: Luís, María Isabel, Carmen e Ana.

En 1933 licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo, e foi xuíz, avogado e secretario do consello de administración do Banco de Valladolid. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos. En 1933 enviou a Sebastián González García-Paz o traballo "As Tablas de Cossas Notables de Francisco Rodríguez, esquirvano da Rúa de Valdeorras (1598-1638)", que permaneceu inédito até 2009. Escribiu na publicación A Nosa Terra sobre a redención dos foros por parte do estado[2]. Elaborou un «Proxecto de Ordenación xurídico-social da propiedade rústica en Galicia» que asumiu en 1936 o Partido Galeguista[3]

Na década de 1940 foi vivir a Sevilla, e despois residiu en Madrid. Tras a súa morte, legou parte da súa biblioteca á Fundación Otero Pedrayo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Panxoliñas de Santiago[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Segundo aniversario D. Luis Rivaya Riaño". ABC. 15 de abril de 1978. 
  2. Cabo Villaverde, M. (1995): "Entre a tentación conformista e o abolicionismo: A cuestión foral durante a Segunda República", en Anuario Brigantino nº 18, páx. 159-164.
  3. Castro Pérez, X. (1985): O galeguismo na encrucillada republicana I. Deputación de Ourense.
  4. Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. 2ª ed. Páx. 705.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carnicero Méndez-Aguirre, J. M. (2008-2009): «Un documentalista desconocido de Valdeorras: Luís Rivaya Riaño y "As tablas de cossas notables de Francisco Rodríguez, esquirvano da Rúa de Valdeorras (1598-1638)"», en Boletín Avriense nº 38-39, páx. 293-320.