Louis Pelâtre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Pelâtre
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento12 de maio de 1940 en Pancé, Ille e Vilaine, Francia
Ordes
Ordenación sacerdotal24 de maio de 1969
Consagración episcopal13 de setembro de 1992, por Sergio Sebastiani
Vigairo apostólico de Istambul
1992 - 2016
PredecesorAntuvan Marovitch
SucesorRubén Tierrablanca González
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Louis Pelâtre, nado o 12 de maio de 1940 en Pancé (Ille e Vilaine, Francia), é un relixioso católico latino, vigairo apostólico de Istambul entre 1992 e 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote dos Agostiños da Asunción o 24 de maio de 1969. O papa Xoán Paulo II nomeouno vigairo apostólico de Istambul e bispo titular de Sasime o 9 de xullo de 1992, e recibiu a consagración episcopal o 13 de setembro de mans do cardeal Sergio Sebastiani, nuncio en Turquía; como co-consagrantes principais tivo a Hovhannes Cholakian, arcebispo armenio de Istambul, e a Antonios Varthalitis, arcebispo latino de Corfú, Zante e Cefalonia. Nun país predominantemente musulmán, foi responsable da pequena comunidade de rito latino, á súa vez unha parte minoritaria dos arredor de 15.000 católicos de Istambul; porén, a partir de 1999 foi tamén administrador apostólico do exarcado de Constantinopla de rito bizantino. Logo de presentar a súa renuncia por razóns de idade (75 anos), o papa Francisco aceptouna o 16 de abril de 2016 co nomeamento do seu sucesor.