Arquidiocese católica latina de Corfú, Zante e Cefalonia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 120.000 (2019) (10 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua grega | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 12.000 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 3 de xuño de 1919 | |||
Catedral | Catedral de São Tiago e São Cristóvão (pt) | |||
Páxina web | archdiocesecorfu.gr |
A arquidiocese de Corfú, Zante e Cefalonia (en latín: Archidioecesis Corcyrensis, Zacynthiensis et Cephaloniensis) é unha sé metropolitana sen sufragáneas da Igrexa latina en Grecia. En 2016 tiña 3.820 fieis bautizados, sobre unha poboación total de 120.600 habitantes.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese ten xurisdición sobre os fieis de rito latino das illas Xónicas, e en particular de Corfú, Zante, Cefalonia, Lefkada, Ítaca e da rexión do Epiro en Grecia.[1][2]
A sé arquiepiscopal é a cidade de Corfú, onde está a catedral de Santiago e San Cristovo.
O territorio está organizado en 3 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A arquidiocese de rito latino de Corfú e as dioceses de Zante e Cefalonia foron erixidas no século XIII, cando pasaron a ser posesións dos Anjou (Corfú e Cefalonia) e da República de Venecia (Zante).[1][3][2] As datas de erección son incertas, e as citadas nas fontes son posteriores á elección do primeiro bispo.
Zante e Cefalonia foron orixinalmente sufragáneas da arquidiocese de Corinto, e foron unidas en 1222.[4][1][2] Pasaron a ser sufragáneas de Patras antes de 1228,[4] e posteriormente inmediatamente suxeitas á Santa Sé, mais nalgún momento entre 1625 e 1695 pasaron a ser parte da provincia eclesiástica de Corfú. Segundo outras fontes, as dioceses eran xa sufragáneas de Corfú en 1386.[1][2]
O 3 de xullo de 1919 co breve Cum ex Apostolico do papa Bieito XV as tres sés foron unidas; dende ese momento a sé metropolitana quedou sen sufragáneas.[5]
O 10 de marzo de 1926, co breve Quae rei sacrae de Pío XI a arquidiocese tomou da arquidiocese de Durrës o territorio correspondente coa actual rexión grega do Épiro.[6]
Dende 1992 o arcebispo é tamén administrador apostólico sede vacante da vigairía apostólica de Tesalónica.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Bispos de Zante e Cefalonia
[editar | editar a fonte]- Domenico de Pupio (23 de marzo de 1430 - c. 1437, finado)[7]
- Giovanni de Pede (25 de febreiro de 1437 - c. 1443, finado)[7]
- Giovanni Giacomo, O.E.S.A. (nomeado o 27 de febreiro de 1443)[7]
- Giovanni di Arcadia (31 de xaneiro de 1458 - c. 1463, finado)[7]
- Giovanni Antonio Scardemeto (23 de outubro de 1463 - c. 1488, finado)[7]
- Marco de Franceschi (c. 1488 - 1521, finado)[7][8]
- Ferdinando de' Medici (3 de agosto de 1522 - c. 1555, finado)[8]
- Giovanni Francesco Commendone (25 de outubro de 1555 - c. 1560, renuncia)[8]
- Giovanni Pietro Delfino, O.S.A. (27 de marzo de 1560 - c. 1574, renuncia)[8]
- Paolo del Grasso, C.R.L. (14 de xullo de 1574 - 15 de abril de 1589, finado)[8][9]
- Domenico Carlo, O.F.M.Conv. (26 de xuño de 1589 -, finado)[8]
- Raffaele Inviziati (24 de xaneiro de 1597 - 1611, renuncia)[10]
- Marco Pasqualigo (10 de outubro de 1611 - 1624, finado)[10]
- Giovanni Michele de Varolis, O.F.M.Conv. (27 de xaneiro de 1625 - 1634, renuncia)[10]
- Costantino de Rossi, C.R.S. (24 de xuño de 1634 - 13 de agosto de 1640, nomeado bispo de Krk)[10]
- Giovanni de Rossi (3 de decembro de 1640 - 10 de xullo de 1645, nomeado bispo de Chiron)[10]
- Francesco Gozzadini (2 de marzo de 1654 - 16 de febreiro de 1673, finado)[10]
- Giacinto Maria Conigli, O.P. (6 de maio de 1675 - 7 de outubro de 1694, renuncia)[11]
- Epifanio Fanelli, O.S.B. (19 de setembro de 1695 - finais de 1607, finado)[11]
- Giovanni Vincenzo de Filippi, O.S.M. (10 de decembro de 1698 - 11 de maio de 1718, nomeado bispo de Caorle)[11]
- Giovanni Crisostomo Calvi, O.P. (11 de maio de 1718 - 7 de setembro de 1729, nomeado bispo de Montefeltro)[11]
- Giuseppe Caccia, O.F.M.Obs. (28 de novembro de 1729 - 8 de xaneiro de 1731, nomeado bispo de Trogir)[11]
- Cesare Bonajuti (22 de xaneiro de 1731 - 27 de febreiro de 1736, nomeado bispo de Hvar)[12]
- Baldassarre Maria Remondini (27 de febreiro de 1736 - 5 de outubro de 1777, finado)[12]
- Bernardo Bocchini, O.F.M.Cap. (28 de setembro de 1778 - 16 de xaneiro de 1785, finado)[12]
- Francesco Mercati (26 de setembro de 1785 - 1804, finado)[12]
- En 1815 foi nomeado bispo Pacifico Deani, mais rexeitou o cargo ao querer permanecer como frade.[13]
- Luigi Scacoz, O.F.M.Obs. (8 de agosto de 1815 - 13 de novembro de 1831, renuncia)[14]
- Luigi Lastaria (4 de novembro de 1831 - 23 de novembro de 1870, finado)[14]
- Evangelista Boni, O.F.M.Cap. (7 de xuño de 1872 - 23 de xaneiro de 1885, nomeado arcebispo de Corfú)[15]
- Dionisio Nicolosi (5 de maio de 1885 - 6 de xuño de 1890, nomeado bispo de Quíos)[15]
Arcebispos de Corfú
[editar | editar a fonte]- Salviano (c. 1340)[16]
- Gaddo Pisano (c. 1341)[16]
- Giovanni della Porta (até o 30 de maio de 1348, nomeado arcebispo de Brindisi)[16]
- N.N. (dende o 11 de maio de 1359)[16]
- Francesco Atti (até o 17 de setembro de 1348, nomeado arcebispo de Chiusi)[16]
- Marc. Contareno, O. Carm. (até a súa renuncia; finado o 14 de novembro de 1410)[16]
- Giovanni da Amelia (renuncia c. 1378, finado o 11 de xaneiro de 1385)[16]
- Pietro Budana (15 de xaneiro de 1379 - c. 1386)
- Nicolò (c. 1386)
- Administrador apostólico Pino Ordelaffi (1390)
- Marco Giustiniani (c. 1390 - 1392)
- Albano Micheli (até o 8 de marzo de 1406, nomeado bispo de Padua)[16]
- Ilario (finado c. 1414)[16]
- Giorgio de Cadolfino, O.P. (28 de setembro de 1414 - c. 1428)[16]
- Eustachio di Leonardi (c. 1428 - c. 1430)
- Martino Bernardini (1431 - c. 1452)[16]
- Francesco Gritti (28 de marzo de 1452 - c. 1458)[17]
- Administrador apostólico Isidoro de Kíiv (1458 - 1459)[16][17]
- Pietro Frigerio, O.P. (17 de marzo de 1459 - 1481, finado)[17]
- Santo Venier (3 de agosto de 1481 - 1514, finado)[17][18]
- Cristoforo Marcello (28 de maio de 1514 - 1527, finado)[16][18]
- Giacomo Cocco (20 de novembro de 1528 - 1565, finado)[16][18]
- Antonio Cocco (1565 - 1577, renuncia)[16][18]
- Bernardino Suriano (29 de novembro de 1577 - c. 1583, finado)[16]
- Maffio Venier (11 de maio de 1583 - c. 1586, finado)[18]
- Giovanni Balbi, O.F.M.Obs. (14 de xaneiro de 1587 - 1597, finado)[16][18]
- Vincenzo Querini (29 de xaneiro de 1597 - 1618, finado)[18][19]
- Benedetto Bragadin, O.F.M.Obs. (3 de decembro de 1618 - 1658, finado)[19]
- Carlo Labia, C.R. (27 de xaneiro de 1659 - 13 de setembro de 1677, nomeado arcebispo de Adria)[19]
- Marcantonio Barbarigo (6 de xuño de 1678 - 7 de xullo de 1687, nomeado arcebispo de Montefiascone e Corneto)[20]
- Giorgio Emo (14 de xuño de 1688 - xaneiro de 1705, finado)[20]
- Augusto Antonio Zacco (15 de novembro de 1706 - 22 de novembro de 1723, nomeado arcebispo de Treviso)[20]
- Angelo Maria Querini, O.S.B. (22 de novembro de 1723 - 30 de xullo de 1727, nomeado arcebispo de Brescia)[20]
- Vincenzo Maria Mazzoleni, O.P. (26 de novembro de 1727 - 18 de xuño de 1731, nomeado arcebispo de Poreč)[20]
- Giovanni Antonio Foscarini, C.R.L. (3 de marzo de 1732 - decembro de 1739, finado)[21]
- Antonio Nani (18 de abril de 1742 - abril de 1765, finado)[21]
- Paolo Da Ponte, O.C.D. (5 de agosto de 1765 - 13 de setembro de 1773, confirmado arcebispo de Torcello)[21]
- Andrea Benedetto Ganassoni, O.S.B. (20 de decembro de 1773 - 12 de xullo de 1779, nomeado arcebispo de Feltre)[21]
- Francesco Maria Fenzi (20 de setembro de 1779 - 3 de xaneiro de 1816, renuncia)[21]
- Daolo Augusto Foscolo (8 de marzo de 1816 - 30 de decembro de 1829, finado)
- Pietro Antonio Nostrano (15 de marzo de 1830 - maio de 1852, finado)
- Francis Joseph Nicholson, O.C.D. (maio de 1852 - 30 de abril de 1855, finado)
- Carlo Rivelli (1 de novembro de 1855 - 18 de setembro de 1858, finado)
- Spyridon Madalenas (23 de setembro de 1860 - 1 de agosto de 1884, finado)[22][23]
- Evangelista Boni, O.F.M.Cap. (27 de marzo de 1885 - 19 de agosto de 1897, finado)
- Antonios Ioannis Vaptistis Delendas (12 de febreiro de 1898 - 29 de abril de 1900, nomeado arcebispo de Atenas)
- Theodoros Antonios Polito (11 de xuño de 1901 - 23 de setembro de 1911, finado)
- Dominikos Darmanin (4 de marzo de 1912 - 17 de febreiro de 1919, finado)
Arcebispos de Corfú, Zante e Cefalonia
[editar | editar a fonte]- Leonardo Brindisi (3 de xullo de 1919 - 4 de setembro de 1940, finado)[24]
- Sé vacante (1940 - 1947)
- Antonios-Grigorios Voutsinos, A.A. (29 de maio de 1947 - 6 de xullo de 1952, renuncia)
- Sé vacante (1952 - 1962). Administrador apostólico Marios Makrionitis (1952 - 1959).
- Antonios Varthalitis, A.A. (30 de maio de 1962 - 22 de marzo de 2003, retirado)[25]
- Ioannis Spiteris, O.F.M.Cap. (22 de marzo de 2003 - 14 de setembro de 2020, retirado)[25][26]
- Georgios Altouvas (dende o 14 de setembro de 2020)[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lins, Joseph (1912). "Diocese of Zante" (PDF). En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XV.[Ligazón morta]
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Salaville, Sévérien (1910). "Ionian Islands" (PDF). En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) VIII.[Ligazón morta]
- ↑ Pétridès, Sophron (1908). "Archdiocese of Corfu" (PDF). En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) IV.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 Coureas, Nicholas (2014). "The Latin and Greek Churches in former Byzantine Lands under Latin Rule". En Tsougarakis, Nickiphoros I.; Lock, Peter. A Companion to Latin Greece. BRILL. p. 153. ISBN 9789004284104.
In addition, Zakynthos was annexed to Cephalonia [...], with Cephalonia placed under the jurisdiction of Patras [...] some time before 1228.
- ↑ "Metropolitanae Ecclesiae Corcyrensi uniuntur sedes Zacynthiensis et Cephaloniensis." (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana) XI: 262. 1919. Consultado o 24/11/2020.
- ↑ "Reggio Epiri Graeci ab Archidioecesi Dyrrachiensi separatur et Archidioecesi Corcyrensi, Zacynthen. et Cephalonien. adiungitur." (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana). XVIII: 481. 1926. Consultado o 24/11/2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Eubel, Konrad (1914). Hierarchia Catholica medii aevi (en latín) II. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 125.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Eubel, Konrad; van Gulik, Wilhelm (1923). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) III. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 162.
- ↑ Muzzi, Salvatore, ed. (1844). Annali della città di Bologna VII. p. 119. Consultado o 25/11/2020.
Paolo di Cristofaro del Grasso [...] Vescovo di Zante e di Cefalonia [...] Morì l'anno 1589 il 15 d'Aprile in età di 45 anni.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Gauchat, Patritium (1935). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) IV. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 145.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1952). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) V. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 154.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1958). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) VI. Messaggero di S.Antonio Editrice. pp. 159–160.
- ↑ "Memorie intorno alla vita dell'autore". Il Quaresimale del padre Pacifico Deani M.O. 1. p. XIV.
- ↑ 14,0 14,1 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1968). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) VII. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 145.
- ↑ 15,0 15,1 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1978). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) VIII. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 196.
- ↑ 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 16,12 16,13 16,14 16,15 16,16 Gams, Pius Bonifacius (1931). Series episcoporum Ecclesiae catholicae I. Leipzig: Verlag Karl H. Hiersemann. p. 400.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 Eubel, Konrad (1914). Hierarchia Catholica medii aevi (en latín) II. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 136.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Eubel, Konrad; van Gulik, Wilhelm (1923). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) III. Messaggero di S.Antonio Editrice. pp. 177–178.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Gauchat, Patritium (1935). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) IV. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 164.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1952). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) V. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 172.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirmin (1958). Hierarchia Catholica medii et recentioris aevi (en latín) VI. Messaggero di S.Antonio Editrice. p. 182.
- ↑ "Sede arcivescovili e vescovili residenziale". Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 148.
Corfù, Corcyren. Arciv. - Isole Jonie. - Spiridione Maddalena, n. in Corfù 3 nov. 1824, preconizzato 23 set. 1860.
- ↑ Œuvre pontificale missionnaire de la Propagation de la foi (1885). "Nouvelles del la Propagande". Les Missions catholiques (en francés) (Lión) XVII (813): 52.
La siège archiépiscopal de Corfou étant vacant depuis le 1er août 1884, par la mort de Mgr Spiridion Maddaléne. LL. EE. les cardinaux de la Propagande ont, dans leur réunion du 5 janvier, choisi pour succéder au vénérable et regretté defunt Mgr Evangéliste Boni, des Mineurs Capucins, et ont décidé de prier le Saint-Père de daigner transférer ce prélat du siège de Zante et Cephalonie dont il est évéque, à celui de Corfou. Sa Sainteté da daigné ratifier ce choix et a nommé Mgr Boni, archevêque de Corfou.
- ↑ "Necrologio" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) (Libreria Editrice Vaticana). XXXII: 384. 1940. Consultado o 24/11/2020.
4 settembre 1940 [...] Monsig. Leonardo Brindisi, Arcivescovo di Corfù e Vescovo di Zante e Cefaionia (sic).
- ↑ 25,0 25,1 Sala Stampa della Santa Sede (22/03/2003). "Rinuncia dell'arcivescovo di Corfù, Zante, Cefalonia e vicario apostolico di Thessaloniki (Grecia) e nomina del successore". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano). Consultado o 23/11/2020.
- ↑ 26,0 26,1 Sala Stampa della Santa Sede (14/09/2020). "Renuncia y nombramiento del arzobispo metropolitano de Corfú, Zante y Cefalonia y administrador apostólico del Vicariato Apostólico de Tesalónica (Grecia)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en castelán). Consultado o 23/11/2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Καθολική Αρχιεπισκοπή Κέρκυρας, Ζακύνθου-Κεφαλληνίας και Μητρόπολη Ιονίων Νήσων" [Arquidiocese católica de Corfú, Zante-Cefalonia e metrópole das Illas Xónicas]. cathecclesia.gr (web oficial da Igrexa católica en Grecia) (en grego). Arquivado dende o orixinal o 08/12/2020. Consultado o 24/11/2020.
- "Catholic Archdiocese of Corfù, Zante e Kephallonia" [Arquidiocese católica de Corfú, Zante e Cefalonia]. cathecclesia.gr (web oficial da Igrexa católica en Grecia) (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08/12/2020. Consultado o 24/11/2020.
- "Καθολική Αρχιεπισκοπή Κερκύρας" [Arquidiocese católica de Corfú (antiga web oficial)] (en grego). Arquivado dende o orixinal o 29/10/2007. Consultado o 23/11/2020.
- "Metropolitan Archdiocese of Corfu–Zakynthos–Kefalonia" [Arquidiocese metropolitana de Corfú-Zante-Cefalonia]. GCatholic.org (en inglés). Consultado o 24/11/2020.
- "Titular Episcopal See of Kefalonia" [Sé episcopal titular de Cefalonia]. GCatholic.org (en inglés). Consultado o 24/11/2020.