Hovhannes Cholakian
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1919 Istanbul |
| Morte | 16 de setembro de 2016 Istanbul |
| Arcebispo católico | |
| 23 de maio de 1966 – 21 de marzo de 2015 ← Paul Kiredjian (en) Diocese: Arquieparquía de Istanbul | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1967–), sacerdote católico (1943–), bispo, arcebispo |
| Consagración | 5 de marzo de 1967, Gregorio Pedro XV Aghachanean |
Hovhannes Cholakian (en armenio: Յովհաննէս Չոլաքեան), nado en Constantinopla o 12 de abril de 1919 e finado na mesma cidade o 16 de setembro de 2016, foi un eclesiástico católico armenio de Turquía, arcebispo de Istanbul dende 1966 até 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 12 de abril de 1919 en Constantinopla (Imperio Otomán), e o 25 de abril de 1943 foi ordenado sacerdote.[1]
O 23 de maio de 1966 foi elixido arcebispo de Constantinopla, recibindo a consagración de mans do prefecto da Congregación para a Propagación da Fe, Gregorio Pedro XV Aghachanean o 5 de marzo de 1967.[1]
Permaneceu no cargo até que se retirou o 21 de marzo de 2015, con case 96 anos. Finou en Istanbul na noite do 16 de setembro de 2016.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- L'Église arménienne catholique en Turquie. Istanbul: Ohan Matbaacilik. 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Ոչ եւս է Տէր Յովհաննէս Արքեպիսկոպոս Չոլաքեան". Radio Vaticana (en armenio). 18 de setembro de 2016. Consultado o 04/05/2022.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Paul Kiredjian |
Arcebispo de Istanbul 1966 - 2015 |
Sucesor: Boghos Levon Zekiyan |