Louis Morel-Retz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Morel-Retz
Louis Morel-Retz retratado por Nadar.
Nome completoLouis Pierre Gabriel Bernard Morel-Retz
Nacemento3 de xuño de 1825
 Dijon
Falecemento5 de setembro de 1899
 Dijon
ÁreaPintura, debuxo, banda deseñada
EducaciónUniversidade de Dijon
Autodidacta
Nacionalidadefrancesa
editar datos en Wikidata ]

Louis Pierre Gabriel Bernard Morel-Retz, de nome artístico Stop, nado en Dijon o 3 de xuño de 1825 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 1899, foi un pintor, caricaturista e autor de banda deseñada francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Louis Morel-Retz, Stop, era fillo do presidente dos Estados Xerais, Sébastien Morel e da súa esposa Agathe Retz. Seguindo os desexos do seu pai, Louis estudou Dereito na Universidade de Dijon, rematando en 1845. A partir de entón traballou nun bufete de avogados na mesma cidade. Despois de doutorarse en 1849, ingresou ao ano seguinte noutro bufete de París e traballou no Tribunal de Casación e no Conseil d'État.

Ademais da súa formación xurídica, tomou clases de debuxo. Nisto tamén seguiu o seu pai, que estudara pintura con François Devosge e era un excelente acuarelista. Louis expuxo as súas obras no Salón de París en 1857, 1864 e 1865. O seu cadro Jésus guérissant un aveugle foi comprado polo estado francés en 1863 por 1.500 francos. A imaxe foi máis tarde para a igrexa de Boufarik, na que entón era a Alxeria francesa. Ademais da pintura ao óleo, Morel-Retz traballou en acuarela e publicou gravados. Tamén se dedicou á música e ao teatro; compuxo varias operetas e deseñou vestiario para o dramaturgo J-B. Wecerlin da Opéra Comique.

Louis Morel-Retz estivo casado con Victorine Bouchon. Morreu na súa cidade natal de Dijon en 1899.

Unha rúa da súa cidade é chamada Morel-Retz na súa honra. [1]

Caricatura e banda deseñada[editar | editar a fonte]

A finais do Segundo Imperio comezou a traballar como caricaturista co pseudónimo de Stop. Son especialmente coñecidas as súas ilustracións humorísticas paraex as críticas do Salón de París nas revistas satíricas Le Charivari e Le Journal amusant.

Fixo contribucións á incipiente historia do cómic, sobre todo a serie 'Les Aventures de Monsieur Verdreau' (1850), que foi plaxiada varias veces en revistas estranxeiras: En agosto de 1850 a caricaturista portuguesa Flora (probabelmente Nogueira da Silva) recreou a historia bajo o título 'Aventuras Sentimentais e Dramáticas do Senhor Simplício Baptista', que apareceu na Revista Popular. O mesmo cómic reapareceu noutra revista en portugués, A Vida Fluminense [2], pero esta vez sen asinar e baixo o título 'Os Amores do Sr. Barnabé'...[3][4]

En Le Journal Pour Rire (en galelgo, O xornal para rir) do 21 de outubro de 1851), Stop debuxou algunhas caricaturas ridiculizando aos fumadores. Algúns destes debuxos fan uso de secuencias narrativas. Ao redor de 1870 Morel-Retz fixo catro viñetas relacionadas co problema orzamentario do goberno, que apareceron en Le Charivari. Os catro presentan gags sobre unha enorme bolsa de diñeiro, representada como unha especie de monstro. Estas narracións gráficas secuenciadas poden interpretarse xa como banda deseñada de texto prototípico. [5]

Durante a súa vida, Morel-Retz publicou libros de banda deseñada como "Musée de Famille" (agosto de 1858) e "Salon Humoristique Illustré" (1888). Escribiu dous volumes de fábulas, que ilustrou persoalmente, como 'Bêtes et Gens' (1877), e obras literarias como 'Un Soupçon' (1886) e 'Sept Petites Pièces de Vers' (1895).

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Henri Chabeuf: Stop (Louis Morel-Retz) 1825-1899, Mourry, Dijon 1900
  • Raimund Rutten. A caricatura entre república e censura: sátira pictórica en Francia de 1830 a 1880, Jonas, Marburg 1991, ISBN 3-922561-97-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]