Longa Marcha 3B

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Longa Marcha 3B / Chang Zheng-3B (CZ-3B)
Representación dun Longa Marcha 3B.
Representación dun Longa Marcha 3B.
Función Lanzador espacial de capacidade media
Fabricante CALT
País de orixe República Popular da China
Tamaño
Altura 54,8 m
Diámetro 3,35 m
Masa 425.800 kg
Etapas 3
Capacidade
Carga útil a LEO 11.200 kg
Carga a
GTO
5100 kg
Foguetes asociados
Familia Longa Marcha
Historia de lanzamentos
Estado Activo
Sitios de lanzamento Centro de lanzamento de Xichang
Total de lanzamentos 23
Éxitos 21
Fallos 1
Fallos parciais 1
Voo inaugural 14 de febreiro de 1996
Último voo 26 de maio de 2012
Aceleradores (Etapa 0) - LB-40
No aceleradores 4
Lonxitude 15,33 m
Diámetro 2,25 m
Masa baleiro 3200 kg
Masa cheo 41.000 kg
Motores 1 YF-20B
Pulo 816,285 NewtonkN
Impulso específico 291 s (261 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 128 s
Propelente Tetróxido de nitróxeno/UDMH
Primeira Etapa - L180
Lonxitude 23,08 m
Diámetro 3,35 m
Masa baleiro 9000 kg
Masa cheo 179.000 kg
Motores 4 YF-20B
Pulo 3265,1 kN
Impulso específico 289 s (259 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 155 s
Propelente Tetróxido de nitróxeno/UDMH
Segunda Etapa - L-35
Lonxitude 10,0 m
Diámetro 3,35 m
Masa baleiro 5000 kg
Masa cheo 55.000 kg
Motores 1 YF-22A/23A
Pulo 761,9 kN
Impulso específico 298 s (270 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 190 s
Propelente Tetróxido de nitróxeno/UDMH
Terceira Etapa - H-18
Lonxitude 12,38 m
Diámetro 3,0 m
Masa baleiro 2800 kg
Masa cheo 21.000 kg
Motores 1 YF-75
Pulo 156,0 kN
Impulso específico 440 s
Tempo de combustión 470 s
Propelente LOX/LH2

Longa Marcha 3B (Chang Zheng 3B en pinyin, abreviadamente CZ-3B) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha, cunha serie de variantes.

Características[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 3B e os seus derivados son uns lanzadores orbitais chinos de tres etapas e catro aceleradores deseñados para poñer satélites de ata 11.200 kg en órbita baixa terrestre e de ata 5100 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Están baseados no Longa Marcha 3A e mellorados con tanques de propelente máis alongados, unha cofia máis grande e catro aceleradores de propelente líquido na primeira etapa, idénticos ós aceleradores do Longa Marcha 2F. Os Longa Marcha 3B son os foguetes chinos máis potentes en servizo.

Variantes[editar | editar a fonte]

  • CZ-3B/G1: capaz de poñer en órbita ata 300 kg máis en LEO que a versión orixinal, 1200 kg máis en órbita heliosincrónica e 400 kg máis en órbita xeoestacionaria.
  • CZ-3B/G2: usa foguetes aceleradores de propelente sólido máis potentes que os das versións anteriores (LB-41).
  • CZ-3B/G3: rendemento superior ao do seu antecesor.
  • CZ-3B/G3Z: usa unha etapa superior H-18 modificada e máis potente.
  • CZ-3B/YZ1: engade unha cuarta etapa YZ-50D para unha maior potencia.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 14 de febreiro de 1996 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Intelsat 708 Fallo. Primeiro voo. Un fallo no sistema de guiado producíu o desvío do foguete nada máis engalar. Estrelouse nun poboado próximo aos 22 segundos do lanzamento e matou seis persoas e feriu 57.
2 19 de agosto de 1997 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Agila 2 Éxito
3 18 de outubro de 1997 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 APStar 2R Éxito
4 30 de maio de 1998 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Zhongwei 1 Éxito
5 18 de xullo de 1998 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Sinosat 1 Éxito
6 12 de abril de 2005 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 APStar 6 Éxito
7 28 de outubro de 2006 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Sinosat 2 Éxito
8 13 de maio de 2007 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 NIGCOMSAT 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
9 5 de xullo de 2007 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 6B Éxito
10 9 de xuño de 2008 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 9 Éxito
11 29 de outubro de 2008 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 VENESAT 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
12 31 de agosto de 2009 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Palapa D1 Éxito parcial O apagamento prematuro da terceira etapa deixou o satélite de comunicacións nunha órbita inferior ó planeado. O satélite conseguíu chegar á órbita xeoestacionaria mediante os seus propulsores, á custa de reducir a súa vida útil.
13 4 de setembro de 2010 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 6A Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
14 20 de xuño de 2011 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 10 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
15 11 de agosto de 2011 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Paksat 1R Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
16 18 de setembro de 2011 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 FH 2A Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
17 7 de outubro de 2011 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Eutelsat W3C Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
18 19 de decembro de 2011 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 NIGCOMSAT 1R Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
19 31 de marzo de 2012 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 APStar 7 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
20 29 de abril de 2012 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 BD-2 M3, BD-2 M4 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
21 26 de maio de 2012 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 ST 2A[1] Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
18 de setembro de 2012 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 BD-2 M2, BD-2 M5 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
27 de novembro de 2012 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 12 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
1 de maio de 2013 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 11 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
1 de decembro de 2013 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Chang'e 3 Éxito
20 de decembro de 2013 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Tupac Katari 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
25 de xullo de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 BD-3 M1-S / BD-3 M2-S Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
12 de setembro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 BD-3 I2-S Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
16 de outubro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 APStar 9/MySat 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
3 de novembro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 ST 2c Éxito Variante Longa Marcha 3B/G
20 de novembro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 LaoSat 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
9 de decembro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 FH 2C Éxito Variante Longa Marcha 3B/G
28 de decembro de 2015 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Gaofen 4 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
15 de xaneiro de 2016 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 Belintersat 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
5 de agosto de 2016 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 Tiantong-1 01 Éxito Variante Longa Marcha 3B/E
10 de decembro de 2016 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 FY 4A Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
5 de xaneiro de 2017 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 TJS 2 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
12 de abril de 2017 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 SJ 13 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
18 de xuño de 2017 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 ZX 9A Fallo parcial. Variante Longa Marcha 3B/G2. A terceira etapa non funcionou debidamente, deixando o satélite nunha órbita incorrecta.
6 de novembro de 2017 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 BD-3 M1 / BD-3 M2 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
10 de decembro de 2017 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Alcomsat 1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
11 de xaneiro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Beidou 3M 7 e 8 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
12 de febreiro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Beidou 3M 3 e 4 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
29 de marzo de 2018 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-2 Beidou 3M 9 e 10 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
3 de maio de 2018 Centro de lanzamento de Xichang APStar 6C Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
29 de xullo de 2018 Centro de lanzamento de Xichang, plataforma LC-3 Beidou 3 M5 e M6 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
24 de agosto de 2018 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M11 e M12 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
19 de setembro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M13 e M14 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
1 de novembro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 G1Q Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
18 de novembro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M17 e M18 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
7 de decembro de 2018 Centro de lanzamento de Xichang Chang'e 4 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G3Z
10 de xaneiro de 2019 Centro de lanzamento de Xichang ST 2D Éxito Variante Longa Marcha 3B/G3
9 de marzo de 2019 Centro de lanzamento de Xichang ZX 6C Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
31 de marzo de 2019 Centro de lanzamento de Xichang TL 2A Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
20 de abril de 2019 Centro de lanzamento de Xichang BD-3 I1 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
24 de xuño de 2019 Centro de lanzamento de Xichang BD-3 I2 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
19 de agosto de 2019 Centro de lanzamento de Xichang ZX-18 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
22 de setembro de 2019 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M23 e M24 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
17 de outubro de 2019 Centro de lanzamento de Xichang TJS 4 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2
23 de novembro de 2019 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M21 e M22 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
16 de decembro de 2019 Centro de lanzamento de Xichang Beidou 3 M19 e M20 Éxito Variante Longa Marcha 3B/YZ1
7 de xaneiro de 2020 Centro de lanzamento de Xichang TJS 5 Éxito Variante Longa Marcha 3B/G2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Marín (30 de maio de 2012). "Lanzamiento Larga Marcha CZ-3B (Zhongxin-2A)" (en español). Consultado o 27 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]