Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang
| Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Longlou (en) | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||
| Datas | |||||||||||
| |||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang é o centro de lanzamento de foguetes de China localizado máis ao sur. Desde el lánzanse entre eles os foguetes CZ-5 e CZ-7.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O centro está localizado ao leste da illa de Hainan, na costa, ao contrario que os tres outros centros de lanzamento da China, situados no interior. A súa localización na costa reduce o risco de caída de etapas de foguetes en zonas poboadas e amplía o rango de acimut no que se poden facer lanzamentos, ademais de permitir a chegada ao centro de lanzamento de etapas de maior tamaño por barco, eliminando a restricción de tamaño imposta polos transportes por estrada ou ferrocarril. A súa localización cara ao sur permite poñer en órbita maiores cargas usando os mesmos foguetes.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Wenchang" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang |
