Centro de lanzamento de Xichang
O centro de lanzamento de Xichang é un centro de lanzamento chinés desde o que se envían satélites principalmente cara a órbita xeosincrónica. Está situado en Xichang, na provincia de Sichuan, no suroeste da China. As oficinas centrais están situadas na cidade de Xichang, a uns 65 km de distancia. O centro de lanzamento dispón dun ferrocarril adicado en exclusiva. A maior parte dos lanzamentos comerciais feitos pola China tiveron lugar desde este centro.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de lanzamento de Xichang |