Longa Marcha 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Longa Marcha 1 / Chang Zheng-1 (CZ-1)
CZ 1.jpg
Función Lanzador espacial lixeiro
Fabricante CALT
Tamaño
Altura 29,4 m
Diámetro 2,25 m
Masa 81.310 kg
Etapas 3
Capacidade
Carga útil a LEO 300 kg
Carga a
GEO
250 kg
Foguetes asociados
Familia Longa Marcha
Derivados Longa Marcha 1D
Historia de lanzamentos
Estado Retirado
Sitios de lanzamento Centro de lanzamento de Jiuquan, Centro de lanzamento de Tai Yuan
Total de lanzamentos 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)
Éxitos 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D)
Fallos 0
Voo inaugural 16 de novembro de 1969
Último voo 3 de marzo de 1971
Primeira Etapa - CZ-1-1
Lonxitude 17,84 m
Diámetro 2,25 m
Masa baleiro 4100 kg
Masa cheo 64.100 kg
Motores 4 YF-2A
Pulo 1224,575 kN
Impulso específico 268 s (241 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 130 s
Propelente Ácido nítrico/UDMH
Segunda Etapa - CZ-1-2 (só Longa Marcha 1)
Lonxitude 5,35 m
Diámetro 2,25 m
Masa baleiro 2700 kg
Masa cheo 15.000 kg
Motores 1 YF-2A
Pulo 306,143 kN
Impulso específico 275 s (200 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 110 s
Propelente Ácido nítrico/UDMH
Segunda Etapa - CZ-1D-2 (só Longa Marcha 1D)
Lonxitude 5,35 m
Diámetro 2,25 m
Masa baleiro 2650 kg
Masa cheo 14.850 kg
Motores 1 YF-3
Pulo 294 kN
Impulso específico 287 s (260 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 120 s
Propelente Tetróxido de nitróxeno/UDMH
Terceira Etapa - CZ-1-3 (só Longa Marcha 1)
Lonxitude 3,95 m
Diámetro 0,77 m
Masa baleiro 250 kg
Masa cheo 2050 kg
Motores 1 GF-02
Pulo 180,991 kN
Impulso específico 254 s
Tempo de combustión 38 s
Propelente Propelente sólido
Terceira Etapa - CZ-1D-3 (só Longa Marcha 1D)
Lonxitude 2,20 m
Diámetro 2,05 m
Masa baleiro 150 kg
Masa cheo 875 kg
Motores 1
Pulo 19,6 kN
Impulso específico 291 s (200 s a nivel do mar)
Tempo de combustión 100 s
Propelente Propelente sólido

Longa Marcha 1 (Chang Zheng 1 en pinyin, abreviadamente CZ-1) foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Longa Marcha.

Características[editar | editar a fonte]

O Longa Marcha 1 foi o primeiro lanzador orbital chino. Comezouse a desenvolver na segunda metade de 1965 coa finalidade de lanzar o primeiro satélite artificial chino, o Dong Fang Hong 1, tamén coñecido como DFH-1.

As dúas primeiras etapas estaban baseadas no mísil DF-3 e a terceira era unha etapa de propelente sólido desenvolvida a propósito para o lanzador espacial. O desenvolvemento desta terceira etapa foi un logro tecnolóxico chino da época. Tiña un diámetro de 770 mm, unha lonxitude duns 4 metros e usaba 1,8 toneladas de propelente. Acendíase 200 segundos despois de voar en solitario tras a separación coa segunda etapa mentres un mecanismo o facía xirar a 180 revolucións por minuto sobre si mesma para estabilizarse. Entre maio de 1969 e xaneiro de 1970 fixéronse catro probas exitosas de encendido estático baixo diferentes condicións e unha proba en voo mediante un DF-3 modificado.

O 24 de abril de 1970 o primeiro Longa Marcha 1 puxo en órbita o DFH-1 ao primeiro intento, facendo de China o quinto país capaz de chegar á órbita polos seus propios medios despois da Unión Soviética, os Estados Unidos, Francia e Xapón. Menos dun ano despois outro Longa Marcha 1 puxo en órbita o satélite científico SJ-1.

Versións[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1D[editar | editar a fonte]

A partir do Longa Marcha 1 creouse unha versión, denominada Longa Marcha 1D, simplemente usando unha nova segunda etapa alimentada con tetróxido de nitróxeno en lugar de ácido nítrico como no orixinal e unha terceira etapa modificada. O Longa Marcha 1D foi utilizado para probar vehículos de reentrada atmosférica mediante tres lanzamentos suborbitais. Nunca foi usado para lanzamentos orbitais.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Longa Marcha 1[editar | editar a fonte]

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
1 10 de xaneiro de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 N/A Éxito Voo de probas, suborbital.
2 24 de abril de 1970 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 DFH-1 Éxito Primeiro voo orbital.
3 3 de marzo de 1971 Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 SJ-1 Éxito Último voo dun Longa Marcha 1

Longa Marcha 1D[editar | editar a fonte]

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas
4 1 de xuño de 1995 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
5 1 de novembro de 1997 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Éxito Voo de proba suborbital.
6 3 de xaneiro de 2002 Centro de lanzamento de Tai Yuan Vehículo de reentrada atmosférica Fallo Voo de proba suborbital.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2012. 
  • Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1D" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012. 
  • Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-1 (Chang Zheng-1)" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]